The Lamb Who Came for Dinner
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
The Lamb Who Came for Dinner é un álbum ilustrado por Joelle Dreidemy e escrito por Steve Smallman.
The Lamb Who Came for Dinner | |
---|---|
Autor/a | Steve Smallman |
Ilustrador/a | Joelle Dreidemy |
Lingua | (en inglés) |
Tema(s) | Amizade, valores, intelixencia emocional |
Xénero(s) | literatura infantil |
[ editar datos en Wikidata ] |
A cuberta anticípanos quen son os protagonistas (a ovelliña e o lobo) a través dunha ilustración na que se deixa entrever a posible historia do conto: “a ovelliña que ven cear” é probable que se acabe convertendo na propia cea, xa que o lobo parece ollar un libro de receitas para cociñar un estufado de ovella. Na contracuberta recóllese unha sinopse da historia e volven aparecer os dous protagonistas, esta vez máis agarimos. As gardas caracterízanse por un fondo de cores vermellas e a portada recolle o título acompañado da ilustración dunha mesa preparada para xantar.
Os textos son bastante extensos, empregan unha linguaxe da vida cotiá e enriquecen os diálogos con continuas onomatopeas, as cales distínguense por ter un tamaño de letra maior e estar en letra grosa. Tamén acostuman a aludir a situacións tenras, sobre todo a través da ovella bebé que aínda non sabe pronunciar ben, e valerse de expresións retranqueiras para crear situacións cómicas. Ademais, aparecen mesturados con ilustracións (a maioría a dobre páxina). Así mesmo, estas imaxes caracterízanse por ser divertidas, coloridas, tenras e, sobre todo, moi expresivas. As facianas de ambos protagonistas representan perfectamente os seus sentimentos e pensamentos. Estas ilustracións acompañan, reforzan e clarifican perfectamente o que se vai narrando.
Contido editar
O conto relata a historia dun solitario e famento lobo que está farto de comer sempre caldo de verduras. Inesperadamente, unha noite moi fría, peta na súa porta unha pequena ovella que se encontra perdida no nevado bosque. O lobo, moi astuto, convídaa a pasar a súa casa, pensando que estará deliciosa convertida en estufado. Antes de comezar a cociñala trata de asegurarse de que a súa futura cea atópese nas mellores condicións: coida de que non teña frío, fame, impo ou sono. Á par que lle ofrece todos os coidados, vaise encariñando da pequena ovella e cando se dá conta dos seus sentimentos pídelle que se vaia da súa casa porque el é “un lobo grande e malo” e se queda vaina comer. Ao cabo dun tempo o lobo comeza a imaxinarse a pequena ovella na escuridade do bosque perdida, conxelada, devorada por outro animal... e velozmente sae a buscala. Porén, non consegue atopala pero cando volta para a súa casa... encóntraa no medio do salón! A ovelliña non tiña outro sitio a onde ir e o lobo decide que se quede a vivir con el, xa que “non pode comerse a unha ovelliña que o necesita! Podería darlle ardor de estómago!”.
Potencialidades editar
É un libro que invita a dramatizar e teatralizar, xa que ao longo de toda a historia exprésanse numerosos estados de ánimo: tristeza (“¿Puedo entrar, Dobo?”), alegría (“Has vuelto!”), sorpresa (“¡Santo cielo!”)... Ademais, o seu carácter repetitivo e as continuas onomatopeas permiten que os nenos/as poidan participar e adiantarse á lectura.
Así mesmo, propicia a oportunidade traballar a intelixencia emocional cos máis pequenos. Ao igual que lle acontece ao lobo, son moitas as ocasións nas que rexeitamos o que sentimos porque non se encadra dentro do “normal”, por iso, sería interesante que os nenos/as se decaten da importancia de saber recoñecer, aceptar e expresar o que sentimos.
Sobre todo, convida a traballar o concepto de amizade, reflexionando que para que dúas persoas sexan amigas non é imprescindible ser iguais (tanto en gustos como fisicamente) o único requisito é quererse, coidarse, respectarse mutuamente, como fan estes dous animaliños.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Smallman, S. (2012). La ovejita que vino a cenar. Ilustr. de Joelle Dreidemy, Trad. de Alberte Montserrat. Barcelona: Beoscasa, Col. Ya sé leer. [a partir de 4 anos], [32 pp.]. ISBN 978-84-488-2454-9.
Ligazóns externas editar
- Aula de Elena. (2015). La ovejita que vino a cenar-Videocuento YouTube. (en castelán)
- Manualidade dun lobo e unha ovella para representar a obra con marionetas (en castelán).
- Representación teatral da obra YouTube (en castelán)..
- Laura. (2016). Reseña del álbum “La ovejita que vino a cenar” (en castelán)
- Representación da obra con marionetas YouTube.