The Kissing Booth 2

filme de 2020 dirixido por Vince Marcello

The Kissing Booth 2 é un filme estadounidense de 2020 dirixido por Vince Marcello, a partir dun guión de Marcello e Jay Arnold. O filme é unha secuela directa de The Kissing Booth. Baséase nos libros The Kissing Booth de Beth Reekles, e está protagonizado por Joey King, Joel Courtney e Jacob Elordi.

The Kissing Booth 2
Ficha técnica
Título orixinalThe Kissing Booth 2
DirectorVince Marcello
Produtor
  • Ed Glauser
  • Andrew Cole-Bulgin
  • Vince Marcello
  • Michele Weisler
Guión
  • Vince Marcello
  • Jay Arnold
Baseado enThe Kissing Booth de Beth Reekles
Intérpretes
MúsicaPatrick Kirst
FotografíaAnastas N. Michos
MontaxePaul Millspaugh
Estudio
  • Picture Loom Productions
  • Clearblack Films
  • Komixx Entertainment
DistribuidoraNetflix
Estrea 24 de xullo de 2020
Duración131 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia
Filme anteriorThe Kissing Booth
Filme seguinteThe Kissing Booth 3
Na rede
https://www.netflix.com/title/81026818
IMDB: tt9784456 Filmaffinity: 520826 Allocine: 271766 Rottentomatoes: m/the_kissing_booth_2 Metacritic: movie/the-kissing-booth-2 Netlix: 81026818Editar o valor em Wikidata

Estreouse o 24 de xullo de 2020 a través de Netflix. Como o seu predecesor, o filme recibiu valoracións negativas por parte da crítica. O terceiro título da serie estreouse o 11 de agosto de 2021.

Personaxes editar

  • Joey King como Elle Evans
  • Joel Courtney como Lee Flynn
  • Jacob Elordi como Noah Flynn
  • Maisie Richardson-Sellers como Chloe Winthrop
  • Taylor Zakhar Perez como Marco Peña
  • Molly Ringwald como Mrs. Flynn
  • Meganne Young como Rachel
  • Stephen Jennings como Mike Evans
  • Morné Visser como Mr. Flynn
  • Bianca Bosch como Olivia
  • Zandile Madliwa como Gwyneth
  • Camilla Wolfson como Mia
  • Carson White como Brad Evans

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar