The Kelpies
The Kelpies son esculturas de cabeza de cabalo de 30 metros de altura, situadas entre Falkirk e Grangemouth, xunto á canle Forth preto do río Carron, en The Helix, un novo proxecto de parque construído para conectar dezaseis comunidades en Escocia. Como parte do proxecto, teñen o seu propio centro de visitantes.[1] As esculturas foron deseñadas polo escultor Andy Scott e rematadas en outubro de 2013.[2]
The Kelpies | |
---|---|
Escocia | |
Presentación | |
Nome local | The Kelpies |
Localización | Falkirk, Escocia |
Dirección | Helix Park, Falkirk |
Coordenadas | 56.0028° N, 3.7913° W |
Estrutura | Aceiro estrutural e placas de aceiro inoxidábel |
Estilo | arte contemporánea |
Tipo | Escultura |
Propietario | Fundación Falkirk |
Uso(s) | Monumento público |
Características | Esculturas de cabalos da mitoloxía escocesa |
Construción | |
Inicio | proxectado entre 2008 e 2011 |
Data da construción | 2014 |
Visitantes | ~ 700.000 anuais |
Dimensións | |
Altura | 30 metros |
Equipo | |
Escultor | Andy Scott |
Promotor | Fundación Falkirk |
O monumento parte da mitoloxía celta dos kelpies e conmemora o patrimonio construído polos cabalos escoceses de carga.[3]
Historia
editarAo comezo do proxecto Helix, en 2005, foi escollido o nome Kelpies, que representaba as bestas mitolóxicas transformadoras coa forza e resistencia de dez cabalos; representan a liñaxe do cabalo pesado da industria e economía escocesas, tirando dos vagóns, arados, barcazas e buques de carbón que conformaron a distribución xeográfica da zona de Falkirk.[3][4]
Segundo o autor A. Scott, "O concepto orixinal dos míticos cabalos de auga foi un punto de partida axeitado para o desenvolvemento artístico das estruturas (...) tomei ese concepto e dei unha resposta máis enérxica e contemporánea, pasando da referencia mitolóxica a un monumento sociohistórico, para celebrar o papel dos cabalos na industria e na agricultura, e para resaltar a súa conexión coas canles".[5]
En 2008, Scott creou versións en miniatura de tres metros no seu estudo de Glasgow. Despois escaneáronse con láser para axudar aos fabricantes de aceiro a crear compoñentes precisos a gran escala.[6]
Construción
editarThe Kelpies está feito de aceiro estrutural cun revestimento de aceiro inoxidable; Miden 30 metros de altura e pesan unhas 300 toneladas cada un.
A construción comezou en xuño de 2013 e rematou en outubro de 2013. O 27 de novembro de 2013 celebrouse alí un evento de mercadotecnia e foron abertas ao público en abril de 2014.[7]
Notas
editar- ↑ "The Helix: Home of The Kelpies, Falkirk – Parks". www.visitscotland.com (en inglés). Consultado o 2024-08-20.
- ↑ "The-Kelpies-sculptures-beside-m9-near-completion". www.scotsman.com.
- ↑ 3,0 3,1 "Helix Park Falkirk". The Helix; thehelix.co.uk (en inglés). Consultado o 2024-08-20.
- ↑ "Falkirk Helix: Home of the Kelpies celebrates 10th birthday" (en inglés). 2023-09-13. Consultado o 2024-08-20.
- ↑ the-kelpies-1st-birthday Sleigh.co.uk (ligazón morta)
- ↑ Carrell, Severin; correspondent, Scotland (2008-11-24). "Meet the Kelpies, Scotland's giant addition to the UK sculptural skyline". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-08-20.
- ↑ "In pictures: Kelpies construction work completed". BBC News (en inglés). 2013-11-27. Consultado o 2024-08-20.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: The Kelpies |
Ligazóns externas
editar- (en inglés) Helix web oficial
- (en inglés) Reportaxe na BBC