The Jazz Singer

filme de 1927 dirixido por Alan Crosland

The Jazz Singer é un filme musical estadounidense de 1927. Fo a primeira longametraxe con diálogos sincronizados e o seu éxito fixo que decaese o cinema mudo. Foi dirixido por Alan Crosland e protagonizado por Al Jolson, que canta seis cancións.

The Jazz Singer
The Jazz Singer 1927 Poster.jpg
Cartel
Ficha técnica
DirectorAlan Crosland
GuiónAlfred A. Cohn
Jack Jarmuth
Baseado enThe Day of Atonement, de Samson Raphaelson
IntérpretesAl Jolson
May McAvoy
Warner Oland
Yossele Rosenblatt
MúsicaLouis Silvers
FotografíaHal Mohr
MontaxeHarold McCord
DistribuidoraWarner Bros.
EstreaFlag of the United States.svg 6 de outubro de 1927
Duración89 minutos
96 minutos (con abertura e saída)
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroMusical
Orzamento422 000 dólares
Na rede
IMDB: tt0018037 Filmaffinity: 918929 Allocine: 2037 Rottentomatoes: m/1010978-jazz_singer Allmovie: v25963 TCM: 3140 Metacritic: movie/the-jazz-singer-1927 Netlix: 60011675Editar o valor em Wikidata

ArgumentoEditar

O cantor xudeu Rabinowitz quere que o seu fillo continúe coa vella tradición familiar e chegue a ser tamén cantor no gueto do Lower East Side de Manhattan, pero o rapaz de trece anos, Jakie, canta música popular nunha cervexería. Moisha Yudelson cóntallo ao seu pai, que o arrastra para a casa, onde di "Voulle ensinar a degradar a voz que Deus lle deu!" e Jakie ameaza: "Se me volver azoutar, marcharei e non volverei nunca!". Trala azouta, Jakie despídese da súa nai e cumpre a súa promesa. O seu pai declara que xa non ten fillo.

Dez anos despois, Jakie, agora chamado Jack Robin actúa en cabarés, onde coñece a bailarina Mary Dale. Mentres o seu pai ensida un novo estudante de canto, Jack aparece para reconciliarse, pero só recibe berros e finalmente afirma "Algún día entenderás, igual que o fai mamá."

O día en que Jack vai debutar en Broadway, o seu pai cae enfermo e debe escoller entre o mundo do espectáculo e a súa familia e fe.

PersonaxesEditar

ProduciónEditar

O argumento está baseado no relato "The Day of Atonement", de Samson Raphaelson, que estaba a súa vez inspirado na historia real de Al Jolson, un xudeu de orixe rusa que actuaba coa cara pintada de negro que descubrira en 1917. A historia publicouse en 1922 e o propio Raphaelson adaptouna con grande éxito para o teatro co título de The Jazz Singer, con George Jessel de protagonista.

Warner Bros. comprou os dereitos para o filme en 1926. Aínda que inicialmente querían contratar a Jessel, tras fracasar as negociacións con este contrataron a Jolson por 75 000 dólares.

Ata ese momento víranse filmes con son, pero foran curtametraxes e en 1926 estreáranse dous filmes con música e efectos sonoros sincronizados, mais non con diálogos. O sistema empregado foi Vitaphone. Porén os diálogos supoñen apenas dous minutos da metraxe.

A estrea do filme tivo lugar en Nova York o 6 de outubro de 1927, coincidindo coa festa do Yom Kippur, que ten importancia no argumento do filme. As críticas foron en xeral positivas e The Jazz Singer foi ademais un éxito comercial.

A 1ª edición dos Óscar premiou filmes estreados entre agosto de 1927 e xullo de 1928. Porén, The Jazz Singer foi declarada inelixible para o Óscar ao mellor filme (dividido en dúas categoría) por considerarse que era inxusto que competise con filmes mudos. Si foi candidata ao mellor guión adaptado e aos mellores efectos de enxeñería e a Warner Bros. recibiu un premio honorífico pola produción deste filme pioneiro.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar