The J. R. R. Tolkien Companion and Guide

libro de Christina Scull

The J. R. R. Tolkien Companion and Guide é un libro de 2006 escrito por Wayne G. Hammond e Christina Scull, despois da publicación de The Lord of the Rings: A Reader's Companion en 2005, e é unha obra de referencia de dous volumes sobre J. R. R. Tolkien e o seu estudo.[1][2][3]

The J. R. R. Tolkien Companion and Guide
Título orixinalThe J. R. R. Tolkien Companion and Guide
Autor/aWayne G. Hammond e Christina Scull
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Xénero(s)Crítica literaria
Editorial Harper Collins
Data de pub. 2006
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas2300
ISBNISBN 978-0-618-39113-4
editar datos en Wikidata ]

O volume 1 "Chronology", presenta unha cronoloxía extraordinariamente detallada da vida de Tolkien en 800 páxinas.

O volume 2 "Reader's Guide", ten información sobre persoas, lugares, organizacións, temas biográficos, temas literarios e escritos de Tolkien.

HarperCollins publicou unha versión revisada e expandida en tres volumes no ano 2017.

Notas editar