StubHub Center

(Redirección desde «The Home Depot Center»)

Coordenadas: 33°51′52″N 118°15′40″O / 33.864444444444, -118.26111111111

O StubHub Center, antes coñecido como The Home Depot Center, é un estadio multiúsos estadounidense situado na Universidade Estatal de California en Carson, California. Está situado aproximadamente a 16 km ao sur do centro da cidade dos Ánxeles. Con capacidade para 27.000 espectadores para fútbol e de 30.000 para fútbol americano, actualmente serve como estadio local para Los Angeles Galaxy da Major League Soccer (MLS) e Los Angeles Chargers da National Football League (NFL).

StubHub Center
Datos
Localización Carson, Estados Unidos
Nomes antigosThe Home Depot Center (2003–2013)
Construción
Inauguración1 de xuño de 2003
ArquitectoRossetti Architects
EnxeñeiroJohn A. Martin & Associates, Inc.
Custo150 millóns de dólares
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións109x68
Capacidade27.000 (Galaxy)
30.000 (Chargers)
PropietarioAEG
OperaradoraAEG
LocalíaLos Angeles Galaxy (2003– )
Los Angeles Chargers (2017—2019)

Historia editar

Inaugurado no ano 2003 co nome de The Home Depot Center, en 2013 mudou a súa denominación a StubHub Center.[1] Foi o segundo estadio da MLS designado especificamente para o fútbol. Actualmente o único equipo que xoga de local neste estadio é Los Angeles Galaxy, xa que os outros dous equipos que tamén o facían (Chivas USA e o equipo feminino, Los Angeles Sol) desapareceron. O estadio foi lugar de grandes acontecementos deportivos coma a final da Copa do Mundo feminina 2003, os MLS All-Star Game tamén en 2003 e en diversas ocasións foi sede da MLS Cup (6 veces)[2]. Ademais do foi sede de peleas de boxeo, das tres primeiras edicións do USA Sevens e no 2005 do USA Outdoor Track and Field Championships entre outros eventos. Tamén acolleu no seu interior concertos de grupos como Heroes del Silencio,[3] Green Day ou Linkin Park.

Panorámica do estadio editar

 

Durante a disputa da MLS Cup en 2008


Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Referencias editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2013. Consultado o 01 de setembro de 2015. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2012. Consultado o 01 de setembro de 2015. 
  3. https://gl.wikipedia.org/wiki/H%C3%A9roes_del_Silencio_Tour_2007