Chivas USA

O Club Deportivo Chivas USA foi un club de fútbol profesional da cidade de Los Angeles que xogou na Major League Soccer. Xogaba os seus partidos no StubHub Center en Carson, California e era propiedade do club mexicano CD Guadalajara. En 2014 a MLS comprou o club con plans de vendelo a novos propietarios e nese mesmo ano disolveuse[1].

Chivas USA
NomeClub Deportivo Chivas USA
Alcume(s)The Goats, Los Rojiblancos
Fundación2004
LigaMajor League Soccer
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

HistoriaEditar

O equipo fundouse o 2 de agosto de 2004, na cidade de Los Angeles, a cidade onde hai máis habitantes mexicanos de todo Estados Unidos. O club era propiedade do CD Guadalajara, herdando as súas cores, símbolos e alcume [2]. A sús primeira tempada foi no ano 2005, contando con xogadores cedidos polo equipo mexicano. Foi unha tempada para adaptarse á nova competición e a franquía acabou na última posición. Ao seguinte ano o Chivas logrou a súa primeira clasificación para os playoffs, pero perdeu nas semifinais de conferencia fronte ao Houston Dynamo. O adestrador Bob Bradley foi nomeado adestrador do ano da MLS e Jonathan Bornstein foi nomeado como mellor debutante do ano. O ano 2007 foi o mellor da súa historia xa que acadaron a primeira posición da Conferencia Oeste, pero foron eliminados de novo nas semifinais de conferencia.

Na tempada do 2008 sumaron unha nova clasificación para as roldas eliminatorias pero desta vez caeron fronte ao Real Salt Lake nas semifinais de conferencia. No ano seguinte de novo se clasificaron para as eliminatorias, pero volveron caer nas semifinais. No ano 2010 The Goats foi o peor equipo da tempada só por diante do D.C. United, no que tivo moito que ver a marcha das súas estrelas, como Sacha Kljestan[3]. Na seguinte tempada viuse unha lixeira mellora na franquía pero aínda así non foron quen de chegar ao playoff. En agosto de 2012 Jorge Vergara e a súa esposa compraron o cen por cen da franquía tentando mellorar a situación do club[4], cousa que non funcionou, xa que nesa mesma tempada o Chivas quedou en última posición. Comezaron as azueiras sobre a posible compra da franquía por parte da MLS [5]. No ano 2014, a que ía ser a última tempada na MLS o equipo voltou a rematar na derradeira posición.

No ano 2014 confirmouse a venda da franquía por parte de Jorge Vergara á Major League Soccer por 70 millóns de dólares [4]. A súa praza quedou reservada para outro equipo que tiña que exercer localía en Los Angeles. No ano 2015 anunciouse que a nova franquía anxelina ía ser o Los Angeles Football Club, que comezaría a xogar no ano 2018 [6].

EstadioEditar

Artigo principal: StubHub Center.

Chivas USA xogaba os seus partidos como local no StubHub Center de Carson, California. O estadio era compartido co Los Angeles Galaxy. As bancadas tiñan capacidade para 27,000 persoas.

RécordsEditar

Xogadores con máis partidosEditar

[7] Nome Partidos Goles
1   Dan Kennedy 154 1
2   Jonathan Bornstein 139 9
3   Francisco Mendoza 132 5
4   Sacha Kljestan 126 16
5   Jesse Marsch 118 9
6   Paulo Nagamura 115 9
7   Justin Braun 106 27
8   Jorge Villafaña 103 7
9   Ante Jazic 98 0
10   Ante Razov 83 34

Xogadores con máis golesEditar

[8] Nome Partidos Goles
1   Ante Razov 83 34
2   Justin Braun 106 27
3   Érick Torres 44 22
4   Maykel Galindo 74 19
5   Sacha Kljestan 126 16
6   Juan Pablo Ángel 32 12
7   Jesús Padilla 45 10
8   Juan Pablo García 39 9
9   Nick LaBrocca 63 9
10   Claudio Suárez 72 9

NotasEditar