The Ex é unha banda musical anarquista dos Países Baixos. Formáronse en 1979 no momento da explosión punk orixinal e dende entón publicaron máis de vinte álbums de longa duración.

The Ex
En directo en Weikersheim en xuño de 2004.
OrixeÁmsterdan, Países Baixos Países Baixos
Período1979 - presente
Xénero(s)punk, anarcopunk
Selo(s) discográfico(s)Southern Records
MembrosTerrie Ex, G.W. Sok, Katherina Ex e Andy Moor
Antigos membrosLuc e Rozemarie
Artistas relacionadosDog Faced Hermans, Instant Composers Pool, Chumbawamba, Getatchew Mekurya, Zea
Na rede
Páxina oficial
Facebook: 33442126156 Bandcamp: theex Spotify: 5JjsLpZlE0oSu9opRGQYWm iTunes: 1446466885 Last fm: The+Ex Musicbrainz: ea19687e-8d08-4abe-901e-3135269e4f74 Songkick: 520976 Discogs: 65740 Allmusic: mn0000759074 Deezer: 6960 Genius: The-ex-punk-band Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A música do grupo sufriu unha notable evolución a través dos anos, comezando como unha simple banda anarcopunk "lo-fi". Debutaron coa canción "Stupid Amercians" no mini-álbum recompilatorio Uterg Punx, publicado por Rock Against Records en Rotterdam no verán de 1980. Pouco despois chegou a publicación do seu primeiro 7" All Corpses Smell The Same. Ao longo das décadas foron desenvolvendo gradualmente a súa actual obra, altamente intricada, experimental, de inspiración punk, post punk e new wave.

Irrompendo dende os confíns relativamente estreitos do punk rock, The Ex incorporaron un amplo abanico de influencias, a miúdo procedentes de fontes non occidentais e alleas ao rock. Estes inclúen a música folk húngara e turca e, máis recentemente; a música de Etiopía, República Democrática do Congo e Eritrea (do que a canción da independencia é versioneada pola banda no álbum Tum). Outros exemplos de ramificación estilística atópanse no dobre álbum de música improvisada Instant e nunha publicación editada baixo o alcume Ex Orkest, unha big band de 20 pezas reunida para realizar actuacións nun festival nos Países Baixos.

A banda realizou con éxito colaboracións con artistas moi diversos, como a banda anarquista británica Chumbawamba (ás veces utilizando o nome Antidote), os Dog Faced Hermans (un antigo membro desta banda, Andy Moor, é actualmente parte de The Ex), e co defunto violoncellista de avant-garde, Tom Cora a comezos dos anos 1990, colaboración esta última que deu como froitos o álbum Scrabbling At the Lock en 1991 e o subseguinte And the Weathermen Shrug Their Shoulders en 1993. Tamén colaboraron con membros de Sonic Youth, a orquestra holandesa de improvisación ICP, e publicaron un mini-álbum en colaboración co grupo de Chicago Tortoise.

O baixista Luc deixou a banda en 2003, substituído por Rozemoire (dobre baixo)[1]. En 2005, Rozemarie deixou a banda.[2].

The Ex protagonizan o documental Building a Broken Mousetrap (2006), dirixido por Jem Cohen[3].

Discografía editar

Álbums editar

  • Disturbing Domestic Peace (1980)
  • History is What's Happening (1982)
  • Tumult (1983)
  • Blueprints for a Blackout (1984)
  • Support the Miners' Strike (1985)
  • Pay no More than 6 Fr. (1985)
  • Pokkeherrie (1985)
  • Too Many Cowboys (1987)
  • Antidote Live in Wroclaw (1987)
  • Aural Guerilla (1988)
  • Joggers and Smoggers (1989)
  • Treat (1990)
  • Scrabbling at the Lock (1991)
  • And the Weathermen Shrug Their Shoulders (1993)
  • Instant (1995)
  • Mudbird Shivers (1995)
  • Starters Alternators (1998)
  • Dizzy Spells (2001)
  • Een Rondje Holland (2001)
  • Turn (2004)
  • Moa Anbessa (2006)

Mini-álbums e sinxelos editar

  • All Corpses Smell the Same (1980)
  • New Horizons in Retailing (1980)
  • Live-Skive (1980)
  • Weapons for El Salvador (1981)
  • Villa Zuid Moet Blijven (1981)
  • Dignity of Labour (1983)
  • Gonna Rob the Spermbank (1983)
  • The Red Dance Package (1983)
  • Enough is Enough (1984)
  • 1936 - The Spanish Revolution (1984)
  • Destroy Fascism! (1987)
  • Rara Rap/Contempt (1988)
  • Stonestampers Song/Lied Der Steinklopfer (1990)
  • Dead Fish (1990)
  • Keep on Hoppin'/Crap Rap (1990)
  • 6.1 Slimy Toad/Jake's Cake (1991)
  • 6.2 Ceme Ryne/Millitan (1991)
  • 6.3 Hidegen Fujnak A Szelek/She Said (1991)
  • 6.4 Bimhuis 290691 (1991)
  • 6.5 This Song is in English (1991)
  • 6.6 Euroconfusion/Bird in the Hand (1992)
  • In the Fishtank 5 (1999, xunto con Tortoise)
  • In the Fishtank 9 (2002)

Aparicións en compilacións editar

  • Utregpunx (1980)
  • Viva Umkhonto! (1987)
  • Hands Up! You're Free (1988)
  • Ample (1991)
  • Singles. Period. The Vinyl Years 1980–1990 (2005)

Vídeos/DVDs editar

  • Live at the Bimhuis (1992)
  • Beautiful Frenzy (2001)

Notas editar

  1. "Newsletter 12". The Ex homepage. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2007. 
  2. "Newsletter 14". The Ex homepage. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2007. 
  3. "List of Works". Jem Cohen Films. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2007. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar