The Crow (filme)

filme de 1994 dirixido por Alex Proyas

The Crow é un filme estadounidense dirixido por Alex Proyas, escrito por David J. Schow e John Shirley, e protagonizado por Brandon Lee, que se estreou en 1994. Baséase na serie de banda deseñada de James O'Barr, The Crow. Foi o derradeiro filme de Brandon Lee, xa que morreu o 31 de marzo de 1993 debido a un accidente durante a rodaxe. Supuxo un grande éxito tanto no eido comercial como no da crítica.

The Crow
Ficha técnica
Título orixinalThe Crow
DirectorAlex Proyas
ProdutorJeff Most
Edward R. Pressman
GuiónDavid J. Schow
John Shirley
Baseado enThe Crow de James O'Barr
IntérpretesBrandon Lee
Ernie Hudson
Rochelle Davis
MúsicaGraeme Revell
FotografíaDariusz Wolski
MontaxeDov Hoenig
M. Scott Smith
EstudioDimension Films
DistribuidoraMiramax Films
Estrea1994
Duración102 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFantasía, Acción
Orzamento$23 000 000[1]
Recadación$50 700 000
Na rede
https://www.miramax.com/movie/the-crow
IMDB: tt0109506 Filmaffinity: 983299 Allocine: 10474 Rottentomatoes: m/crow Mojo: crow Allmovie: v131155 Metacritic: movie/the-crow TV.com: movies/the-crow Netlix: 408911Editar o valor em Wikidata

O filme conta a historia de Eric Draven (Lee), un músico de rock que resucita para vingarse dos seus asasinos e os da súa prometida.

Sinopse editar

Eric Draven e Shelly Websyter están a piques de casar, pero a noite antes do enlace son asasinados brutalmente. Un ano despois, a alma de Eric volve á Terra en forma de corvo para vingarse dos seus agresores.

Personaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar