The Air Force é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de rock experimental Xiu Xiu, publicado o 12 de setembro de 2006 a través do selo 5 Rue Christine. O disco foi producido por Greg Saunier de Deerhoof, que tamén toca no álbum cos membros do grupo Caralee McElroy e Jamie Stewart.

The Air Force
Álbum de Xiu Xiu
Publicado12 de setembro de 2006
Duración34:37
Xénero(s)art rock, experimental, post-punk
Selo(s)5 Rue Christine
Producido porCaralee McElroy, Greg Saunier, Jamie Stewart
Cronoloxía
La Forêt
(2005)
The Air Force Tu Mi Piaci
(2006)

Produción editar

Stewart dixo que o ano foi "un dos primeiros non dominados por traxedias persoais" e que o álbum trata sobre "facer a outra xente sentirse mal" en vez de sentirse mal el mesmo. As súas principais temáticas son "culpa e sexo en oposición a pena e sexo". Stewart considerouno o seu mellor e máis consciente álbum pop. Dixo que a banda estaba obsesionada co Blue Album de Weezer e The Queen Is Dead de The Smiths mentres estaba de xira, aínda que o propio disco non reflicte particularmente estes traballos.[1]

Listaxe de cancións editar

Todas as letras escritas por Jamie Stewart, agás "Bishop, CA" e "Wig Master", que teñen letras adicionais por Angela Seo

N.º Título Duración
1. "Buzz Saw"   3:01
2. "Boy Soprano"   3:23
3. "Hello from Eau Claire"   2:54
4. "Vulture Piano"   3:23
5. "PJ in the Streets..."   2:57
6. "Bishop, CA"   4:06
7. "Saint Pedro Glue Stick"   1:17
8. "The Pineapple vs the Watermelon"   3:28
9. "Save Me Save Me"   2:39
10. "The Fox & the Rabbit"   3:12
11. "Wig Master"   4:17
N.º Título Duración
1. "Bonus Track"   1:28
2. "Feeding the Raging Heart"   2:18
3. "Bonus Track"   1:13

Notas editar

  1. "Xiu Xiu". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-04-02.