The Adventurer é unha curtametraxe de 1917, protagonizada e dirixida por Charles Chaplin. Esta foi a súa última película para os estudos Mutual, e a última aparición de Eric Campbell.

The Adventurer
Póster do filme
Ficha técnica
Título orixinalThe Adventurer
DirectorCharles Chaplin
ProdutorJohn Jasper, Charles Chaplin
GuiónCharles Chaplin
IntérpretesCharles Chaplin, Edna Purviance, Eric Campbell, Henry Bergman, Albert Austin
FotografíaRoland Totheroh
Estrea23 de outubro de 1917
Duración31 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia
Na rede
IMDB: tt0007613 Filmaffinity: 882564 Allocine: 110553 Allmovie: v897 Editar o valor em Wikidata
The Adventurer

Sinopse editar

Un grupo de policías busca na praia infrutuosamente un fuxitivo. O máis gordo deles ponse a descansar, e cabo del emerxe da terra Chaplin, con traxe de presidiario. O preso escapa ao ver os policías, sobe o outeiro, despois báixao e acaba escondéndose detrás das pedras e dálles patadas aos seus perseguidores cando pode. Escapa finalmente nadando polo mar, mentres os gardas lle disparan e o perseguen nun bote. No porto está Edna co seu pretendente, o xigante de grandes barbas e cellas (Eric Campbell). Subitamente aparece a mai de Edna afogándose, o xigante en vez de axudala ponse a pedir auxilio e a filla salta rescatar a mai. Chaplin aparece entón, salvándoos a todos, incluso ao xigante que acababa de caer por accidente, mais este traizóao e faille caer á auga, debendo ser rescatado na beira polo chofer das donas.

Lévano á súa casa, e cando desperta encóntrase nun traxe de raias, toca ao seu arredor e encontra barras de ferro, cre estar de novo no cárcere, mais aparece o mordomo que lle serve o almorzo, entende agora que está en boas mans.

Vístese para baixar e encóntrase nunha cea da alta sociedade, trata de conquistar a Edna. O seu rival, celoso, descobre no diario que é o fuxitivo buscado pola xustiza. Chaplin logra salvarse polo momento debuxándolle barba á foto do diario, mais o xigante, así e todo, chama á policía. Comeza unha persecución na casa, é un caos total: sobe polas escaleiras, baixa saltando do segundo piso, escóndese no piano, disfrázase de lámpada, e cando finalmente se cre a salvo un garda captúrao, mais Chaplin convénceo de que saúde coa man a Edna, e nese momento sóltao e realiza unha fuxida vertixinosa, perseguido sempre pola policía.