Théodore de Banville
escritor francés
Théodore Faullain de Banville, nado en Moulins en 1823 e finado en París en 1891, foi un escritor francés.
Théodore de Banville | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de marzo de 1823 e 1823 |
Lugar de nacemento | Moulins |
Falecemento | 13 de marzo de 1891 e 1891 |
Lugar de falecemento | París |
Soterrado | Cemiterio de Montparnasse |
Nacionalidade | Francia |
Etnia | Pobo francés |
Alma máter | Lycée Condorcet |
Ocupación | poeta, dramaturgo, xornalista, crítico literario e escritor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo dun mariño militar, estudou en París. En 1842 publicou o seu primeiro volume de poesía, Les Cariatides e en 1846 publicou Les Stalactites. Os libros recibiron críticas negativas pero recibiron a aprobación de Alfred de Vigny e Jules Janin. En 1857 publicou Odes Funambulesques (1857). Escribiu tamén comedias en verso para o Théâtre Francais.
Banville foi un dos fundadores do movemento poético coñecido como o parnasianismo, que profesa un amor exclusivo á beleza e oponse á nova poesía realista ou ao romanticismo.