Texel, Países Baixos
Texel (Tessel en frisón, pronunciado 'Tessel' en neerlandés) é a máis grande das Illas Frisias e a súa vez a máis occidental. Fica entre o mar de Wadden (ao leste) e o mar do Norte (ao oeste), ao sur coa illa de Vlieland e ao norte coa provincia de Holanda Setentrional, a cal pertence administrativamente. O estreito de Mardiep afasta a illa de Den Helder, xa en terra firme.
Texel Tessel | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Situación xeográfica | |||||
![]() | |||||
País: | ![]() | ||||
Provincia: | ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Supericie • Terra • Auga |
463,28 km² 162,54 km² 300,74 km² | ||||
Poboación | |||||
Poboación: | 13.682 (2008) | ||||
Densidade: | 84 hab/km² | ||||
Información | |||||
Código postal: | 1790-1797 | ||||
Alcalde: | Joke Geldorp-Pantekoek (VVD) | ||||
Sitio na web: | www.texel.nl |
Toda a illa forma un único concello, cunha superficie de 585,96 km², dos cales 416,14 son auga. A illa ten uns 20 km de longo e 8 km de amplo. No 2004 tiña unha poboación de 13.735 habitantes.
Texel e EierlandEditar
Hoxe a illa de Texel está composta por dúas illas antigamente afastadas de seu, Texel ao Sul e Eierland ao Norte. No 1630 remátase de construír o dique de area que liga as dúas illas. No 1835 Nicolas Joseph De Cock forma con outros unha sociedade anónima co obxectivo de converter as chás mareais entre as dúas en polders. No noveno pólder fundouse unha vila, no inicio co nome de Nieuwdorp (Pobo Novo), mais logo foi chamada na honra do seu impulsor De Cocksdorp
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Texel Online Nieuws (Noticias)
- VVV Texel (Información turística)
- Gemeente Texel (Municipio de Texel)