Tesouro de Terreaux
O tesouro de Terreaux é un conxunto de moedas medievais europeas descuberto en 1993 na praza de Terreaux, na cidade francesa de Lión.
Tesouro de Terreaux | |
O tesouro exposto no Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión | |
Tipo | 543 moedas |
Data | c. 1360 |
Características | |
Materiais | Ouro e prata |
Descuberta | |
Localización | Praza de Terreaux, Lión, Francia 45°46′03″N 4°50′01″L / 45.76750, -4.83361 |
Data | 1993 |
Conservación | |
Localización | Gabinete de Medallas do MBA de Lión |
Descuberta
editarO achado produciuse casualmente durante as obras de escavaxción previas á construción dun aparcadoiro subterráneo na praza de Terreaux, en Lión.[1][2]
Composición
editarO tesouro está composto por 543 moedas de ouro e de prata, mais dous fragmentos de moedas, que apareceron no interior dunha vasilla de barro.[2] Entre as 84 moedas de ouro, figuran cinco escudos de Filipe VI de Valois, dous moutons d'or de Xoán o Bo, un ducado veneciano e algúns floríns.[1][3]
Segundo a datación das pezas, que proceden de diversos países europeos, o conxunto debeu ser soterrado cara a 1360, durante o transcurso da Guerra dos Cen Anos,[1][2] polo que achega datos sobre os inicios do comercio internacional de Lión.[4]
O tesouro pasou a estar exposto no Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión.[2][4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Dhénin, M. et al. (1996).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Zuili, T. (2022). "Lyon. Ce trésor était caché pendant des siècles sous la place des Terreaux". En Actu.fr. 10 de decembro.
- ↑ Dumas, F.; Dubois, H. (2000). Páxina 256.
- ↑ 4,0 4,1 "Trésor des Terreaux". Musée des beaux-arts Lyon (Mba-lyon.fr).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dhénin, M. et al. (1996). "Le trésor de Terreaux". En Bulletin des musées et monuments lyonnais. 1-2. Páxinas 50-63, 91-98, 99-109.
- Dumas, F.; Dubois, H. (2000). "Une énigme monétaire au XIVe siècle : mention d'écu dans un fouage de Normandie en 1374". En Revue numismatique. 6ª serie. Tomo 155.