Terra de Nares
Terra de Nares, Nares Land ou Naresland é unha illa no extremo norte de Groenlandia. A illa chámase así polo explorador polar Sir George Nares.
Terra de Nares | |
---|---|
Situación | |
País | ![]() |
Mar | Mar de Lincoln, Océano Ártico |
Coordenadas | 82°25′N 46°6′O / 82.417, -46.100Coordenadas: 82°25′N 46°6′O / 82.417, -46.100 |
Xeografía | |
Superficie | 1.466 km² |
Longura máxima | 75 km. |
Largura máxima | 30 km. |
Perímetro | 192´4 km. |
Punto máis alto | 1.067 m. Blåfjeld |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
XeografíaEditar
A illa atópase entre o fiorde de Vitoria e o fiorde de Nordenskjöld separados do continente por un pequeno estreito. A illa Stephenson e a illa Juan Murray atópanse fóra do seu extremo norte. A terra de Nares é bastante grande, cunha superficie de 1.466 km² e unha liña de costa de 192´4 km.[1] Ten 75 km de longo e ata 30 km no seu punt máis largo. Ten unha elevación media de 161 m e o seu punto máis alto ten 1.067 m.[2]
A área onde se atopa a illa ten un clima polar severo e era antes parte de Avannaa, orixinalmente "Nordgrønland" ("Groenlandia do norte"), un antigo condado de Groenlandia ata o 31 de decembro de 2008.[3] O mar ao redor da illa conxélase practicamente todo o ano.
NotasEditar
- ↑ "UNEP". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2016. Consultado o 02 de setembro de 2017.
- ↑ Nares Land
- ↑ Compiled by Per Ivar Haug (August 2005). Ingar Lomheim, ed. "Islands". Gazetteer of Greenland (UBiT, Universitetsbiblioteket i Trondheim "University Library in Trondheim") (15). ISBN 82-7113-114-1. ISSN 1502-0800. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2011. Consultado o 02 de setembro de 2017.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Terra de Nares |