Teresa Orjales Vidal

diplomática e avogada galega

Teresa Orjales Vidal, nada na Coruña o 16 de marzo de 1964, é unha diplomática e avogada galega.

Infotaula de personaTeresa Orjales Vidal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1964 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Ambassador of Spain to Estonia (en) Traducir
2017 – 2021
← Fernando García Casas (en) TraducirGuillermo Corral van Damme (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática , avogada Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1991 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiMario Orjales Pita Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en Dereito en 1991 e axiña ingresou na carreira diplomática. Como diplomática, os seus primeiros destinos foron nas representacións españolas en Finlandia, Turquía e ante a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) situada en Bruxelas (Bélxica).

Logo durante estes anos foi xefa de servizo, xefa de área e subdirectora de Comunicación Exterior na Oficina de Información Diplomática; voceira asesora no Gabinete da ministra e do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación; en 2011 pasou a ser directora do gabinete da Presidencia do Congreso dos Deputados, ata que posteriormente exerceu de voceira asesora na Dirección Xeral de Asuntos Europeos e Cooperación co Estado.

Dende o mes de febreiro de 2017, trala aprobación por parte do Consello de Ministros, foi nomeada como a nova Embaixadora do Reino de España na República de Estonia.[1][2][3]

Notas editar