TeraStorm
filme de 2022 dirixido por Andrew Kaggia
TeraStorm é un filme kenyano de 2022 dirixido, escrito e animado por Andrew Kaggia.[1] O filme animouse enteiramente utilizando Unreal Engine. Foi escollido como candidato de Kenya para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[2] mais finalmente non foi nomeado. É o primeiro filme africano de animación en ser proposto a competir neste premio.[3][4]
TeraStorm | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | TeraStorm |
Director | Andrew Kaggia |
Produtor | Andrew Kaggia Firul Maithya |
Guión | Andrew Kaggia |
Intérpretes | Ali Mwangola Arabron Nyyneque Melvin Alusa Mungai Kiroga Sara Muhoho Peter Mudamba |
Estudio | Afrikana Digital |
Estrea | 24 de novembro de 2022 |
Duración | 88 minutos |
Orixe | Kenya |
Xénero | Ciencia ficción |
Na rede | |
Sinopse
editarAmbientado nun Nairobi ficticio, un grupo de supeheroes africanos une forzas para tentar deter un mago da antigüidade que ameaza con destruír a Terra co seu poder e un misterioso artefacto.[5]
Personaxes
editar- Ali Mwangola como Victor
- Arabron Nyyneque como Eli-Ra
- Melvin Alusa como Ammadu
- Mungai Kiroga como Adrian
- Sara Muhoho como Nuru
- Peter Mudamba como xeneral Maxwell[5]
Notas
editar- ↑ Independent, The (2022-10-03). "Self-taught Kenyan animator to debut feature-length film at Oscar". The Independent Uganda (en inglés). Consultado o 2022-10-11.
- ↑ Boko, Cheptoek (22 de setembro de 2022). "The Oscars Selection Committee Submits TeraStorm to Represent Kenya in the Best International Feature Film Category". Buzz Central. Consultado o 22 de setembro de 2022.
- ↑ Ogutu, Collins (2022-09-26). "Kenya marks first country to submit scripted animated feature for Oscars". Metropol TV - Turning Data into Cents (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2023. Consultado o 2022-10-11.
- ↑ "Superhero film ‘TeraStorm’ to represent Kenya at the Oscars". Nairobi News (en inglés). 2022-09-25. Consultado o 2022-10-11.
- ↑ 5,0 5,1 Gikonyo, Grace. "Animation film 'TeraStorm' to represent Kenya at the Oscars". Standard Entertainment (en inglés). Consultado o 2022-10-11.