Tequixquiac é un concello ao norte do Estado de México, en México. Limita coas municipalidades de Apaxco, Hueypoxtla, Zumpango, Huehuetoca e con Atotonilco de Tula no estado de Hidalgo.[1] A súa área é de 122.32 km², e a súa poboación era de 33 907 habitantes no ano 2010. A cabeceira municipal ou sede do goberno é Santiago Tequixquiac, a segunda poboación importante é Tlapanaloya, máis conta con outras localidades como Colonia Wenceslao Labra, a ranchería de La Heredad e as facendas do Cenicero e Montero.[2]

Modelo:Xeografía políticaTequixquiac
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 19°54′N 99°09′O / 19.9, -99.15Coordenadas: 19°54′N 99°09′O / 19.9, -99.15
EstadoMéxico
Estado federadoEstado de México Editar o valor em Wikidata
CapitalSantiago Tequixquiac Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie80,34 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude2.100 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal55650 Editar o valor em Wikidata

Páxina webtequixquiac.gob.mx Editar o valor em Wikidata

Topónimo editar

Tequixquiac identifícase co nome na lingua náhuatl de Tequixquiac (cfr. nahuatl actual Tequixquitl (salitre ou tequiesquite (bicarbonato de sodio co sal), atl (auga), e o sufixo de lugar -c). O seu actual nome provén do náhuatl que significa "lugar das augas salitrosas".[3]

Historia editar

Os primeiros poboadores de Tequixquiac foron indíxenas otomís, que decidiron establecerse neste lugar de maneira definitiva pola abundancia de ríos e mananciais. Dedicáronse principalmente á agricultura e á crianza de animais domésticos.[1]

En 1152, os aztecas no camiño até o Val de México, procedentes de Tula Xicocotitlan deciden establecerse en Tequixquiac por un curto período de tempo nun lugar chamado Tepetongo.

O 29 de novembro de 1820 fundouse o concello de Tequixquiac baixo as ordenanzas da constitución de Cádiz, durante o movemento de independencia da Nova España.

Xeografía editar

O concello sitúase ó norte do Estado de México, a 84 quilómetros ao norte da Cidade de México e 280 quilómetros da cidade de Toluca de Lerdo (capital do estado).[1]

Política e goberno editar

 
Pazo municipal de Tequixquiac.

O concello está formado por un presidente municipal ou alcalde, un síndico, un tesoureiro, un secretario da xunta e rexidores das delegacións. A elección é por representación democrática que encabezan os partidos políticos para un período de tres anos de goberno.

Alcaldes editar

  •   Iginio Adrían Rojas Hernández (1994-1996)[1]
  •   Emiliano Cruz Rodríguez (1997-2000)
  •   José Rafael Pérez Martínez (2000-2003)
  •   Gustavo Alonso Donis García (2003-2006)
  •   Enrique Martínez Astorga (2006-2009)
  •   Xóchitl Ramírez Ramírez (2009-2012)
  •   Juan Carlos Hernández González (2012-2015)
  •       Salvador Raúl Vásquez Valencia (2016-2018)

Demografía editar

 
Mapa de localidades do concello de Tequixquiac.

O concello de Tequixquiac ten unha poboación de 33 907 habitantes; dos que 16 794 son homes e 17 113 son mulleres. As estatistícas corresponden ao censo de poboación do ano 2010.[4]

Localidades do concello editar

O concello ten moitas localidades e na seguinte táboa amósanse as principais parroquias.

Localidades Poboación
Total do concello 33 907
Santiago Tequixquiac 25 430
Tlapanaloya 6 466
Wenceslao Labra 1 248

Cultura editar

Conta cun bo número de manifestacións culturais e unha grande historia, polo que é coñecido como o berce da arte prehistórica de América[5].

Cóntase neste concello con algúns vestixios arqueolóxicos e arquitectónicos do seu pasado precolombiano e colonial español, sendo o recinto máis importante a igrexa ou parroquia de Santiago Apóstolo,[1] edificio barroco que conserva as súas características de deseño orixinal.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Monografia municipal de Tequixquiac Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (en castelán)
  2. [1] Arquivado 30 de abril de 2014 en Wayback Machine. Plan Municipal de Tequixquiac 2013-2015. En castelán.
  3. [2] Arquivado 16 de febreiro de 2016 en Wayback Machine. Bando municipal de Tequixquiac, 1915. En castelán
  4. "Catálogo de Localidades, SEDESOL, Tequixquiac". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 09 de abril de 2016. 
  5. "Historia na páxina web do concello". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2017. Consultado o 22 de setembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar