Abrir o menú principal

Teoría das múltiplas intelixencias

A Teoría das Intelixencias Múltiples foi desenvolvida en 1983 e basease na idea de que non existe unha intelixencia, senón que esta ten moitas facetas e que todas deben ser cultivadas na aula. Así o seu autor, Howard Gardner identifica oito tipos de intelixencias:

  • Howard Gardner Lingüística- verbal: Conta a fluidez que ten unha persoa no uso da palabra, a destreza da utilización da linguaxe, significado das palabras, a orde sintáctica e os seus sons.
  • Loxico- matemático: Habilidade que temos para resolver problemas tanto lóxicos como matemáticos (operacións matemáticas e razoar correctamente o resultado destes).
  • Visual- espacial: Habilidade de crear un modelo mental de formas, cores e texturas. Esta ligada a imaxinación, podemos transformar o que crea na súa mente en imaxes, debuxos, cadros, etc.
  • Musical: Permítenos crear sons, ritmos, e melodías Sérvenos para crear sons novos para expresar emocións e sentimentos a través da musica.
  • Corporal- kinestesia: E a habilidade para controlar os movementos de todo o corpo para realizar actividades físicas. Usase para realizar actividades deportivas que requiren coordinación e ritmo controlados como pode ser o ballet.  
  • Interpersoal: Relacionarse e comprender as outras persoas, esta habilidade require adquisición de expresións faciais, control da voz e dos xestos. Tamén inflúe a percepción das emocións das outras persoas.
  • Intrapersoal: Capacidade de relacionarnos con nos mesmos, entender o que facemos e valorar as nosas accións.
  • Naturalista: Habilidade que entende o entorno natural e a observación dela.

Os profesionais debemos estar pendentes de non educar dunha maneira homoxénea , independentemente se existen casos con necesidades educativas especiais. De acordo con Gardner cree que o propósito da escola “debería de ser desenvoltas todas las intelixencias y axudar a las persoas a alcanzar metas que sexan apropiadas para a súa intelixencia”.

O secreto está na utilización de diferentes metodoloxías nas aulas polo cal o neno ou nena terá a súa dispoñibilidade actividades e recursos en todas as areas correspondentes a intelixencias múltiples, é decir, as metodoloxías tradicionais que se basaban nos coeficientes intelectuais (comprension, razonamento e xuizo).

Este tipo de intelixencia queda obsoleta cando por investigadores contemporáneos como foi Gardner (1994; 1999), que asume que a intelixencia de calquer neno ou nena pode ser potenciada e que grazas a labor dos profesionais da educación non debe ser limitadora, senón todo o contrario, debemos abrir as portas o coñecemento de todas as intelixencias creativas.

A continuación preséntanse unha serie de ferramentas didácticas, recursos e materiais , que Fonseca Mora (2002) considera que poden utilizarse na ensinanza e potenciar as intelixencias múltiples:

Exposicións orais, elaboracións de diarios, xornais escolares, rompecabezas, cálculos mentais, pensamento crítico, pintar cadros, narracións imaxinarias, mapas mentais, exercicios de pensamento visuais, uso da linguaxe corporal, exercicios de relaxación, materiais sensoriais, terrareos, xogos rítmicos, exercicios de memoria musical, mediación de conflictos, reunións creativas, simulacións, reflexión, actividades de autoestima,etc.

Enlaces consultados:

  • Gardner, H. (1995). Inteligencias Múltiples. La Teoría en la Práctica. Barcelona, España: Paidós.
  • Gardner, H. (1995). Mentes Creativas. Barcelona, España: Paidós.