Abrir o menú principal

Telxione (en grego antigo Θελξινόη), ou Xúpiter XLII, é un satélite irregular retrógrado de Xúpiter. Foi descuberto por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawai dirixidos por Scott S. Sheppard no 2003, e déuselle a designación provisional de S/2003 J 22.[1][2]

Telxione ten uns 4 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 20,454 millóns de km, tardando 597,607 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 151° con respecto á eclíptica (153° respecto do ecuador de Xúpiter) e unha excentricidade de 0,2685.

Foi bautizado en marzo de 2005 coma Telxione, unha das catro Musas orixinais segundo algúns escritores gregos, tamén era filla de Zeus (Xúpiter) e Mnemósine.[3]

Telxíone pertence ó grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 19,3 e 22,7 millóns de km, con inclinacións duns 150°.

NotasEditar

Véxase taménEditar