Telefónica Europe

empresa de telecomunicacións europea

Telefónica Europe plc é unha empresa de telecomunicacións europea, especializada en telefonía móbil. A compañía formaba parte anteriormente do grupo BT Group plc baixo o nome de BT Cellnet. En 2001 cambiou o seu nome a O2. Foi comprada pola española Telefónica o 23 de xaneiro do 2006. A sede da compañía radica en Slough, Inglaterra. Os seus outras principais oficinas están en Bury, Glasgow, Leeds, e Preston Brook. Posúe uns 28 millóns de clientes repartidos polo Reino Unido, Alemaña e Irlanda. En 2005, a empresa comprou os dereitos de nome a Millennium Dome. Tamén posúe cota de mercado na República Checa e en Eslovaquia.

O2
TipoSubsidiaria
Fundación1985
MatrizEspaña Telefónica
LocalizaciónSlough, Inglaterra, Reino Unido Reino Unido
Persoas claveMatthew Key, Chairman & Chief Executive Officer
IndustriaTelecomunicacións
ProdutosTelefonía fixa, Telefonía móbil, provedor de servizos de Internet, televisión, fibra óptica
Na rede
https://www.o2.co.uk/ e https://www.o2online.de/
Facebook: o2uk Twitter: o2 Instagram: o2uk Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

As orixes: Cellnet editar

Apareceu en 1985 Cellnet, como unha experiencia no sector das telecomunicacións de BT Group (British Telecom) ao 60% e de Securicor 40%. En 1993 comezou coas probas de servizos a través do sistema GSM

O2 creouse en 2001 cando o BT Group abandonou o seu mercado na telefonía móbil como parte dunha reestruturación da empresa. BT Cellnet foi rebautizado como O2 - baseándose no símbolo químico do osíxeno.

A entrada de Telefónica e o seu mercado editar

O mercado de Telefónica O2 esténdese polo Reino Unido, República de Irlanda, Alemaña, Eslovaquia e a República Checa. Tamén opera telefonía fixa e móbil na Illa de Man. Nesta última é coñecida baixo os nomes Manx Pronto, para móbil con servizos 3G, e Manx Telecom para telefonía fixa. Alí posúe o monopolio. O2 tamén operaba en Holanda, aínda que foron vendidos os seus servizos.

No Reino Unido, Telefónica O2 opera nas frecuencias 900 MHz e 1800 MHz con servizos GSM e GPRS. Mantén unha cota de mercado dun 20-25%. Alí a súa rede 3G UMTS, que opera no espectro electromagnético dos 2100 MHz.

En Irlanda, O2 forma parte de Esat Digifone 086, unha rede de GSM 900 creada en 1997. En 2005 posuía un 40% de cota de mercado. Tamén ten licenza UMTS neste país, e acaba de ser lanzada xunto á das súas competidores, Vodafone Ireland e 3 Ireland.

A facturación de Telefónica O2 a 31 de marzo de 2005 foi de máis de 6,683 mil millóns de libras esterlinas.

Movistar O2 destaca sobre todo pola súa posición estratéxica e a súa interrelación con outros servizos, ademais de formar parte da multinacional Telefónica .

Os clientes de Telefónica O2 a 31 de decembro de 2005 eran de 15,981 millóns de abonados no Reino Unido, 9,769 millóns en Alemaña e 1,602 millóns en Irlanda. O seu número total de clientes, incluídas as outras filiais da compañía O2, era de 27.4 millóns.[1]

Patrocinios editar

 
Un anuncio de O2 coa Selección de rugby de Irlanda

Telefónica O2 é o patrocinador oficial da Selección de rugby de Inglaterra, do BMW Sauber F1 Team e da Selección de rugby de Irlanda , entre outros.

Cabo destacar que fai un par de anos a compañía foi o sponsor oficial do club Arsenal FC.

Competidores editar

Reino Unido

Irlanda

Alemaña

República checa

Eslovaquia

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar