Teixeu de Ancares
Teixeu de Ancares (Tejedo de Ancares en castelán e oficialmente) é unha parroquia do concello leonés de Candín, na bisbarra do Bierzo. Segundo o INE en 2012 tiña 25 habitantes;[1] do mesmo xeito ca os demais lugares do val do Ancares sufriu despoboamento pola emigración a áreas máis prosperas. A lingua que falan os habitantes de Teixeo de Ancares é un dialecto do galego chamado ancarés[2].
Teixeu de Ancares | |
---|---|
![]() Entrada a Teixeu de Ancares. | |
Concello | Candín |
Provincia | León |
Coordenadas | 42°50′30″N 6°45′47″O / 42.841697222222, -6.7629222222222Coordenadas: 42°50′30″N 6°45′47″O / 42.841697222222, -6.7629222222222 |
Poboación | 25 hab. (2012) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio editar
A arquitectura é coma a das demais vilas dos Ancares: carázterizase pola cachotaría e a lousa. Teixeo de Ancares posúe unha ponte medieval á entrada, xunto o cal se levanta un vello muíño hidráulico tradicional recentemente restaurado.Tamén posúe un antigo forno tamén restaurado e unha igrexa de estilo tradicional ancarés[3].
Nos arredores atópase unha fervenza rodeada de castiñeiros centenarios que é a principal atracción. Tamén se acha nos arredores os restos dunha antiga ferraría que foi nos seus tempos tan famosa como a ferraría de Compludo ao sur do Bierzo. Preto da ferraría atópase a Ermida de Santa Madalena, a patroa[3].
Festas editar
A principal festa é a romaría á ermida de Santa Madalena que se celebra o último domingo de xullo[3].
Galería de imaxes editar
-
Contorna natural.
-
Casa tradicional.
-
Edificio con arquitectura tradicional.]
Notas editar
- ↑ http://www.todopueblos.com/tejedo-de-ancares-leon
- ↑ Ricardo Carballo Calero, Gramática del gallego común, p.120
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Candin.ccbierzo.net". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de xullo de 2013.