Tegua é unha illa da cadea das Illas Torres na provincia de Torba en Vanuatu no océano Pacífico. Está situada entre Metoma e Linua. No lado oriental do atol atópase a baía de Lateu, mentres que ao oeste está a baía Hayter. A illa ten unha lonxitude de 6´5 km e unha anchura de 7 quilómetros.

Tegua
Localización da illa
Situación
PaísVanuatu
ProvinciaTorba
ArquipélagoIllas Torres
MarOcéano Pacífico
Coordenadas13°14′38″S 166°37′37″L / -13.24389, -166.62694
Xeografía
XeoloxíaVolcánica
Superficie30´7 km²
Longura máxima6´5 km
Largura máxima7 km
Punto máis alto300 m. (Monte Tawaten)
Demografía
CapitalLateu
Poboación58 (2009)
Densidade1´9 hab./km² hab./km²

A única aldea do atol é Lateu, cunha poboación de 64 persoas. Preto de 100 residentes de Tegua foron evacuados polo goberno debido aos crecentes niveis do mar que están inundando a illa, considéranse as primeiras vítimas do quecemento global. A aldea construída na costa sofre, de feito, nos últimos anos continuas inundacións.

Tralo tsunami que azoutou a illa hai uns anos, os insulares decidiron trasladar o seu pobo ao interior (nun claro 300 metros terra dentro, no lado dun outeiro, non moi lonxe do seu antigo pobo, Lirak ) e a administración gobernamental outorgou financiamento (50.000 dólares proporcionados polo Canadá) para poñer en práctica este proxecto e a instalación dun sistema de radio por satélite a través do cal recibirá información do departamento de clima.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar