Teenage Jesus and the Jerks
Teenage Jesus and the Jerks foi unha influente banda de post-punk procedente de Nova York que formou parte do movemento No Wave da cidade. Fundado por Lydia Lunch e polo saxofonista James Chance, o grupo estivo activo dende 1976 ata 1979, editando só un feixe de sinxelos.
Teenage Jesus and the Jerks | |
---|---|
Orixe | Nova York, Estados Unidos |
Período | 1976 – 1979 2008 – presente |
Xénero(s) | post-punk, No wave, noise rock |
Selo(s) discográfico(s) | Migraine Records, Lust/Unlust, ZE Records, Celluloid |
Membros | Lydia Lunch Gordon Stevenson Reck Jim Sclavunos James Chance Bradley Field |
Artistas relacionados | 8 Eyed Spy, Beirut Slump, Lydia Lunch, James Chance and the Contortions, Friction |
Na rede | |
Chance deixou a banda para formar The Contortions e así perseguir o seu propio son. Ambos grupos apareceron no LP seminal No New York, unha mostra da primeiro escena No Wave recompilada e producida por Brian Eno.
Famosos por realizar concertos de dez minutos cheos de temas de 30 segundos, trataron de levar a música máis aló do que Lunch vía como o tradicionalismo do punk rock.
O grupo deixou atrás máis dunha ducia de cancións gravadas completas, a maioría das cales foron recompiladas no CD de 18 minutos retrospectivo titulado Everything. Porén existen outras versións de estudio doutras cancións xunto cun feixe de gravacións en directo.
Poucas bandas acadaron un impacto tan grande con tan pouco material, non só nos Estados Unidos, senón tamén no Reino Unido a onde chegaron a través da radio.
Lunch e Chance converteríanse en figuras de culto na escena underground de Nova York, e a banda foi citada coma unha importante influencia por moitos grupos post-punk posteriores coma Sonic Youth.
A banda reuniuse no ano 2008 para unha serie de actuacións, co guitarrista de Sonic Youth Thurston Moore, e continuou facendo concertos sen Moore durante o 2009.