Abrir o menú principal

Coordenadas: 43°18′58.45″N 8°30′30.38″O / 43.3162361, -8.5084389

Teais é unha empresa galega fundada en Arteixo (A Coruña) adicada á fabricación e comercialización de produtos e sistemas especiais para a construción e a industria.

Teais S.A.
Teais Sabón Arteixo.jpg
Sede de Teais, Sabón.
TipoSociedade Anónima
LocalizaciónAvda. da Enerxía, nº 156, Pol. Ind. de Sabón 15142 Arteixo (A Coruña) Galicia Galicia
Persoas claveErnesto Antelo Pensado (Presidente)
IndustriaQuímica
ProdutosPinturas
Adhesivos
Morteiro
Páxina webteais.es

Vende os seus produtos en máis de 40 países.

Índice

HistoriaEditar

Teais inicia as súas actividades vai máis de 30 anos fabricando produtos de impermeabilización. O éxito e a calidade da empresa fixeron que o negocio medrase ampliando á fabricación de pinturas, adhesivos, formigóns especiais, ferramentas e outros produtos para a construción[1].

Ten unha fábrica en Arteixo de 10.000 cadrados nunha parcela no polígono de Sabón de 24.000 metros cadrados. Nos últimos anos abriu delegacións e fábricas con acordos con empresas locais doutros países.

En 2010 chegou a un acordo con investidores para crear unha joint venture ou empresa conxunta, co nome de TEAIS Tunisie para vender e fabricar os seus produtos no norte de África[2]. En 2011 ofreceuse a doar aos habitantes de Lorca tódalas grampas necesarias para reparar as grietas dos edificios[3].

ProdutosEditar

  • Adhesivos
  • Aditivos
  • Aillamentos
  • Desencofrantes
  • Emplastes e morteiros especiais
  • Limpadores
  • Impermeabilizantes
  • Disolventes
  • Pavimentos
  • Revestimentos
  • Imprimacións
  • Pinturas
  • Produtos para madeira
  • Liña naval
  • Masillas
  • Ferramentas

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar