Abrir o menú principal

Taxi Driver

filme de 1976 dirixido por Martin Scorsese

Taxi Driver é un filme estadounidense de 1976 dirixido por Martin Scorsese e escrito por Paul Schrader. O filme está ambientado en Nova York, pouco despois de que terminase a guerra de Vietnam, e está protagonizado por Robert De Niro, quen interpreta a Travis Bickle, un ex-combatente solitario e mentalmente inestable que comeza a traballar como taxista, incorporándose á turbia vida nocturna da cidade.

Taxi Driver
Taxi driver movieposter.jpg
Ficha técnica
Título orixinalTaxi Driver
DirectorMartin Scorsese
ProdutorJulia Phillips
Michael Phillips
GuiónPaul Schrader
IntérpretesRobert De Niro
Jodie Foster
Albert Brooks
Harvey Keitel
Leonard Harris
Peter Boyle
Cybill Shepherd
MúsicaBernard Herrmann
FotografíaMichael Chapman
MontaxeMarcia Lucas (supervisor)
Tom Rolf
Melvin Shapiro
EstudioBill/Phillips
Italo/Judeo Productions
DistribuidoraColumbia Pictures
Estrea1976
Duración113 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$1.300.000[1]
Recadación$28.262.574[2]

ArgumentoEditar

Para soportar o insomnio crónico que sofre dende o seu regreso de Vietnam, Travis Bickle (Robert De Niro) traballa como taxista nocturno en Nova York. É un home pouco sociable que apenas ten contacto cos demais, pasa os días nos cines para adultos e vive obsesionado con Betsy (Cybill Shepherd), unha atractiva loira que traballa como voluntaria nunha campaña política. Tras estragar a súa incipiente relación con Betsy, Travis non pode menos que seguir observando como a violencia, a sordidez e a desolación se apoderan da cidade, polo que un día decide pasar á acción.

PersonaxesEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

NotasEditar

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "Taxi Driver (1976)". Box Office Mojo. Consultado o 23 de xaneiro de 2012. 

Véxase taménEditar