Tawunawa

Tuwanawa foi unha cidade hitita situada ao sueste da clásica Capadocia, ao norte de Adaniya (Cilicia). Foi a clásica Tyana a uns 170 km ao sur de Hattusa.

Sobre o -1345 un xefe chamado Anna, que apoiaba ao rei de Arzawa, ocupou Tupaziya, na zona do Monte Ammuna, e, despois de saqueala, pasou por un lago cuxo nome non se conservou (talvez o Lago do Sal) e chegou ata Tawanuwa que tamén atacou. O rei Suppiluliumas I derrotouno e dominou a zona.