O taumatropo ou taumatropio é un xoguete que foi popular na Era Vitoriana.

Lado do Taumatropo con flor
Lado do Taumatropio con vaso
Taumatropo en movemento, reunindo flor e vaso, 1825

Historia

editar

Inventado en 1824, por Peter Mark Roget que presentou un artigo á Royal Society de Londres titulado The Persistence of Vision with Regard to Moving Objects ("A persistencia da visión no que concerne a obxectos en movemento", tradución libre) onde abordaba e discutía unha correcta sensación ilusoria de se enxergar unha roda (de carruaxe) rodar ao contrario, durante o seu movemento normal de rotación. Por moitos anos a teoría da Persistencia Retiniana comandou o campo da neurofisioloxía e neuroloxía acerca do proceso de percepción das imaxes. Desde as primeiras décadas do século XX, outras pescudas máis precisas comprobaron que esa teoría, a pesar de lóxica, non explica satisfactoriamente os procesos de formación da imaxe no noso cerebro. Hoxe, a ciencia, cita os efectos phi (Φ) e beta (β) como os mecanismos responsábeis do proceso de formación das imaxes en movemento.

Como funciona

editar

Un disco de cartón cunha imaxe a cada lado está unido a dous anacos de corda. Cando as cordas se retorcen rapidamente entre os dedos, as imaxes dos dous lados parecen combinarse nunha soa grazas aos principios de formación das imaxes en movemento.

Por exemplo, se hai unha gaiola debuxada nun lado do disco e unha ave no outro, ao xirar o fío estirado as dúas imaxes fúndense dando a impresión de que o paxaro está dentro da gaiola.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar