Taufaʻāhau Tupou IV

(Redirección desde «Taufa'ahau Tupou IV»)

Tāufa'āhau Tupou IV, nado o 4 de xullo de 1918 e finado o 10 de setembro de 2006, fillo da raíña Sālote Tupou III e do seu consorte o príncipe Tungī, foi o rei de Tonga dende a morte da súa nai en 1965 ata o seu propio pasamento en 2006.

Infotaula de personaTaufaʻāhau Tupou IV

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(to) Tāufaʻāhau Tupou IV' Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(to) Siaosi Tāufaʻāhau Tupoulahi Editar o valor em Wikidata
4 de xullo de 1918 Editar o valor em Wikidata
Palácio Real de Tonga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte10 de setembro de 2006 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Auckland, Nova Zelandia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteInsuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMala'ekula (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Monarch of Tonga (en) Traducir
16 de decembro de 1965 – 10 de setembro de 2006
← Salote Tupou IIISiaosi Tupou V →
Primeiro-ministro de Tonga (pt) Traducir
12 de decembro de 1949 – 16 de decembro de 1965
← Solomone Ula Ata (en) TraducirFatafehi Tuʻipelehake (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPalácio Real de Tonga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeTonga Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Sydney
Tupou College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrei Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHalaevalu Mata'aho (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosSiaosi Tupou V, Salote Mafile'o Pilovelu Tuita (pt) Traducir, Tupou VI, Fatafehi ʻAlaivahamamaʻo Tukuʻaho (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisViliami Tungī Mailefihi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Salote Tupou III Editar o valor em Wikidata
IrmánsFatafehi Tuʻipelehake (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 15687717 Editar o valor em Wikidata
Taufaʻāhau Tupou IV.

Traxectoria editar

Bautizado como Siaosi Tāufa'āhau Tupoulahi, axiña foi coñecido polo título que se lles outorga aos príncipes herdeiros: Tupouto'a, e logo substituído polo título herdado do pai: Tungī (ou os dous xuntos: Tupouto'a-Tungī, naquel tempo escrito Tubouto'a-Tugi). A súa consorte foi a raíña Halaevalu Mata'aho 'Ahome'e, nada en 1926. A parella tivo catro fillos:

  • O príncipe Siaosi Tāufa'āhau Manumataongo Tuku'aho Tupou, que subiu ao poder como Taufa'ahau Tupou V.
  • A princesa Sālote Mafile'o Pilolevu Tuita (de solteira Tuku'aho)
  • O ex-príncipe Fatafehi 'Alaivahamama'o Tuku'aho (despoxado do seu título cando casou cunha plebea), que recibiu o título hereditario de Mā'atu, e que morreu en 2004.
  • O príncipe 'Aho'eitu 'Unuaki'otonga Tuku'aho, máis coñecido polo seu título hereditario de Lavaka Ata 'Ulukalala.

Entusiasta deportista (practicante de salto con pértega, tenis, crícket ou saltos de trampolín), bo músico (piano, saxofón, guitarra ou balalaica) e moi relixioso cando novo, estudou Dereito en Sydney, Australia. Converteuse en ministro de Educación no goberno da súa nai a raíña Sālote en 1943, en 1949 ministro de Sanidade, e finalmente en 1949 primeiro ministro. Continuou sendo pastor da Free Wesleyan Church, a principal igrexa metodista de Tonga, ata a súa morte.

Cando a súa nai, a raíña Sālote III, faleceu por mor fun cancro en 1965, ascendeu ao trono, se ben a cerimonia de coroación non tivo lugar ata 1967. O acto, que durou cinco días, mesturaba os principios metodistas cos costumes do arquipélago e supuxo o sacrificio de 71 000 leitóns.

Exerceu unha forte autoridade política e mantivo o sistema aristocrático da política tonguesa, onde o rei e mais os nobres controlan o 70% do Parlamento de Tonga, mais tamén os principais recursos económicos dun país que vive da pesca, o agro e as divisas dos emigrantes tongueses. O principal problema que tivo durante o seu mandato foi o escándalo por uns investimentos ilícitos realizados polo seu bufón, o banqueiro estadounidense Jesse Bogdonoff. Tamén supuxo un certo escándalo internacional a venda de pasaportes tongueses a quen os puidese pagar, coma o ditador filipino Ferdinand Marcos e mais a súa muller Imelda.

Nos seus últimos anos, o rei iniciou unha viraxe cara a un proceso de maior transparencia e democratización, forzado polas circunstancias. En 2005 unha folga do funcionariado mantivo en xaque o goberno durante varias semanas, nun conflito onde o neto do rei, Tu'i Pelehake ('Uluvalu), fixo de medidador. Unha comisión constitucional comezou nese mesmo ano a estudar unha reforma da carta magna.

Tupou IV foi coñecido en todo o mundo polo seu elevado peso. Chegou a superar os 200 kg, pero nos anos noventa encabezou unha campaña institucional que buscaba reducir o problema da obesidade nas illas, e conseguiu baixar considerabelmente.

O 15 de agosto de 2006, o primeiro ministro tongués Feleti Sevele interrompeu as emisións de radio e televisión para anunciar que o rei estaba gravemente enfermo e pediu pregarias polo monarca. Fora internado no hospital Mercy, na cidade novacelandesa de Auckland en abril. O rei faleceu algo despois da medianoite do 10 de setembro. Os edificios públicos enfeitáronse de negro e púrpura en sinal de dó. Foi soterrado o mércores 12 de setembro.