Unha tarxeta de son ou placa de son é unha tarxeta de expansión para ordenadores que permite a entrada e saída de son baixo o control dun programa informático.

Tarxeta Sound Blaster, típica tarxeta PCI actual.

Características xerais editar

Unha tarxeta de son típica incorpora un chip de son que polo xeral ten o convertedor Dixital-Analóxico, o cal cumpre coa importante función de "traducir" formas de ondas gravadas ou xeradas dixitalmente nun sinal analóxico e viceversa. Este sinal é enviado a un conector (para auriculares) onde se pode conectar calquera outro dispositivo como un amplificador, un altofalante etc.