PCI (informática)
PCI son as siglas de Peripheral Component Interface ("interface para compoñentes periféricos"). É un zócolo para sistemas informáticos deseñado para a conexión de tarxetas de expansión (como poden ser tarxetas de son, tarxetas de rede etc...) e que traballa 32 ou 64 bits e a comunicación coa CPU é de 33'33 Mhz e unha taxa de transferencia máxima de 133 Mb/s os de 32 bits. Creouno Intel para substituír os zócolos ISA ao desenvolver o microprocesador Pentium e dentro de pouco tempo vai ser substituído (xunto co AGP) polas distintas versións dos zócolos PCI Express.