Tarantula
«Tarantula» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de The Smashing Pumpkins | |||||
do álbum Zeitgeist | |||||
Lanzamento | 21 de maio do 2007 (iTunes) | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | 2007 | ||||
Xénero musical | rock alternativo | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 3:51 | ||||
Discográfica | Reprise Records | ||||
Produtor(es) | Billy Corgan e Jimmy Chamberlin | ||||
Escritor(es) | Billy Corgan | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Tarantula" é unha canción de The Smashing Pumpkins. Foi o primeiro sinxelo do seu sétimo álbum, Zeitgeist, e a súa primeira edición dende a súa reunión no ano 2006.
Un fragmento de 30 segundos puido escoitarse por vez primeira o día 14 de maio do 2007. O tema emitiuse na súa totalidade na radio o 18 de maio, na súa estrea na emisora KROQ. Sería filtrada a Internet pouco despois. O 21 de maio do 2007 o sinxelo foi editado en iTunes para os Estados Unidos, e o día seguinte no Reino Unido e no Canadá. Nesa data o tema foi tocado por primeira vez en directo en París, no primeiro concerto da banda en sete anos.
Billy Corgan mencionou durante un concerto o 5 de xuño en Berlín que "Tarantula" foi titulada así honrando a banda alemá Scorpions, coa cal Corgan colaborara recentemente co seu tema "The Cross".
O 2 de xullo editouse en CD e en 7" no Reino Unido contendo a cara-b "Death From Above". Ambas as portadas teñen unha fotografía en branco e negro de Paris Hilton agarrando un BlackBerry coa capa do álbum Zeitgeist na súa pantalla, e unha imaxe dunha nube en forma de cogumelo no fondo.
Lista de cancións
editar- "Tarantula" - 3:51
- "Death from Above" 4:06
- "Zeitgeist" 2:49 (canción extra na edición holandesa)