Tapir de Baird

especie de mamífero

O tapir de Baird (Tapirus bairdii) é unha especie de mamífero perisodáctilo da familia dos tapíridos, unha das catro especies americanas que existen de tapir. Poboa as selvas existentes entre o sur mexicano e o norte de Ecuador.

Descrición editar

Alcanza entre 2 e 2,2m de lonxitude, 1m de alzada e 300 kg de peso. Presenta crina curta, fociño longo e robusto, pelame pardo a agrisado, o bordo da orella branco e o do beizo abrancazado a agrisado.

A xestación dura 400 días e nace unha cría de 8 a 9 kg, esta última pasará máis dun ano coa súa nai até alcanzar 2/3 do tamaño dela.

Notas editar

  1. {{{assessors}}} (2008). "Tapirus bairdii". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 10 de abril de 2009.  Database entry includes a brief justification of why this species is of endangered.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar