Tapas (filme)

filme de 2005 dirixido por José Corbacho e Juan Cruz
(Redirección desde «Tapas (película)»)

Tapas é unha película española do ano 2005. Foi o debut cinematográfico como directores de José Corbacho e Juan Cruz (tamén guionistas do filme), que acadou unha boa aceptación e críticas e lles valeu ó Premio Goya ó mellor director novel.

Elvira Mínguez, unha das protagonistas, obtivo varios recoñecementos polo seu traballo nesta película, entre eles o Premio Goya á mellor actriz secundaria, o Premio á mellor interpretación feminina no Festival de Málaga e o galardón da Unión de Actores na mesma categoría.

A súa banda sonora inclúe temas de Antonio Orozco e Estopa entre outros.

Sinopse

editar

Ambientada en Barcelona, Tapas conta a historia dos distintos personaxes dun barrio humilde, xente de distintas idades e profesións co bar do protagonista, Lolo (Ángel de Andrés), como punto de encontro.

Elenco

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar