Tangaroa Tangaroa
Tangaroa Tangaroa, nado o 6 de maio de 1921 en Penrhyn e finado o 23 de maio de 2009 en Auckland[1]), foi un político das Illas Cook.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de maio de 1921 Atol Penrhyn, Illas Cook |
Morte | 23 de maio de 2009 (88 anos) Auckland, Nova Zelandia |
Deputado do Parlamento das Illas Cook | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Demócrata |
Premios | |
Traxectoria
editarTraballou como operador de radio para a administración neozelandesa (1939-1954) e despois para unha compañía navieira (1955-1963). En 1958 resultou elixido na primeira Asemblea Lexislativa do país pola circunscrición de como Penrhyn, permanecendo como deputado ata 1983, de 1969 a 1970 foi o líder do partido United Cook Islanders e ao ano seguinte integrouse no Partido Demócrata fundado por Tom Davis, a finais da década formou parte de varios gabinetes.[1]
En 1985 foi o primeiro nativo en ser designado Representante da Raíña, permanecendo no posto ata 1990,[1].
En 2003 a raíña Isabel II nomeouno cabaleiro da Orde do Imperio Británico no Palacio de Buckingham".[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Funeral planned for Cooks leader Sir Tangaroa", Radio New Zealand International, May 30, 2009
- ↑ "Ariki speech highlights special links" Arquivado 26 de marzo de 2009 en Wayback Machine., Cook Islands government website, December 1, 2003.