Abrir o menú principal

Tan forte e tan preto

Filme de 2011 dirixido por Stephen Daldry

Tan forte e tan preto (en inglés: Extremely Loud and Incredibly Close) é un filme estadounidense dirixido por Stephen Daldry e escrito por Eric Roth que foi estreado no 2011. É unha adaptación da novela homónima escrita por Jonathan Safran Foer. Está protagonizado por Thomas Horn, Tom Hanks, Sandra Bullock, Max von Sydow, Viola Davis, John Goodman, Jeffrey Wright e Zoe Caldwell.

Tan forte e tan preto
Ficha técnica
Título orixinalExtremely Loud and Incredibly Close
DirectorStephen Daldry
ProdutorScott Rudin
GuiónEric Roth
Baseado enExtremely Loud and Incredibly Close de Jonathan Safran Foer
IntérpretesTom Hanks
Sandra Bullock
Thomas Horn
Max von Sydow
Viola Davis
John Goodman
Jeffrey Wright
MúsicaAlexandre Desplat
FotografíaChris Menges
MontaxeClaire Simpson
EstudioScott Rudin Productions
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
Estrea25 de decembro de 2011
Duración129 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$40 000 000
Recadación$55 200 000

A produción fíxose na cidade de Nova York. O filme tivo unha estrea limitada nos Estados Unidos o 25 de decembro de 2011, e unha distribución masiva o 20 de xaneiro de 2012. Malia a diferente acollida que tivo, foi nomeado a dous Premios Óscar, ó mellor filme e ó mellor actor secundario para von Sydow.

Foi emitido pola Televisión de Galicia o 3 de abril de 2018.[1]

PersonaxesEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar