Tambor de marco africano

Un tambor de marco é un tipo de membranófono que ten o diámetro do seu parche máis grande ca a súa profundidade. Ten un marco formado por un ou dous aros de madeira superpostos, e pode estar provisto de axóuxeres. O parche pode ser sintético ou de pel moi lisa e estirada. Existen modelos afinábeis por medio de chaves. Este grupo inclúe todos os tipos de pandeiros e pandeiretas.