Tamara E. Jernigan

Astronauta estadounidense
(Redirección desde «Tamara Jernigan»)

Tamara Elizabeth "Tammy" Jernigan, nada en Chattanooga (Tennessee) o 7 de maio de 1959, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte das misións STS-40, STS-52, STS-67, STS-80 e STS-96.[1][2]

Tamara E. Jernigan
Datos persoais
Nacemento7 de maio de 1959
LugarChattanooga
CónxuxePeter Wisoff
Actividade
MisiónsSTS-40, STS-52, STS-67, STS-80 e STS-96
Tempo no espazo63,06 días
PremiosMedalla de Servizo Distinguido da NASA
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Jernigan graduouse en física e é máster en enxeñería pola Universidade de Stanford en 1981 e 1983 e máster en astronomía pola Universidade de California en Berkely en 1985. Ten un doutoramento en física espacial e astronomía pola Universidade Rice en 1988.[1][2]

Foi seleccionada como astronauta pola NASA en xuño de 1985. Participou nas misións STS-40, STS-52, STS-67, STS-80 e STS-96. Deixou a NASA en setembro de 2001 para pasar a ter un cargo no Laboratorio Nacional Lawrence Livermore.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Jernigan, Tamara Elizabeth 'Tammy'" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (novembro de 2001). "TAMARA E. “TAMMY” JERNIGAN (PH.D.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar