Talavera Fútbol Sala

O Talavera Fútbol Sala, coñecido por motivos de patrocinio como OID Talavera, é un equipo de fútbol sala da localidade de Talavera de la Reina, Toledo (Castela-A Mancha). Dende a tempada 2010-11 compite na División de Honra da Liga Nacional de Fútbol Sala.

OID Talavera
NomeTalavera Fútbol Sala
Fundación1990
EstadioPrimero de Mayo
Talavera de la Reina, España España
Capacidade3.000
Presidenteespañol Benjamín Ramos
Adestradorespañol Carlos Sánchez
LigaDivisión de Honra (LNFS)
2010-1112º (liga regular)
VestimentaRoyal
PatrocinadorOID
Na rede
http://www.talaverafs.com/p
Titular
Alternativo

O club foi fundado en 1990 e herdou a estrutura do Castilla-La Mancha Fútbol Sala (campión de Liga en 1992 e 1997) cando desapareceu no ano 2000. O novo club estivo dirixido dende aquela por un grupo de empresarios locais.

Historia

editar

O Talavera Fútbol Sala foi fundado en 1990 e comezou a xogar en Primeira Nacional "B", daquela terceira categoría do fútbol sala español. O equipo logrou o seu ascenso a Primeira Nacional "A" na tempada 1991-92, categoría na que permaneceu ata 1999. En 1995 produciuse a chegada do Castilla-La Mancha Fútbol Sala de Toledo a Talavera de la Reina, e dende esa tempada o Talavera FS se converteu no seu filial.[1]

Cando o Castilla-La Mancha FS desapareceu no 2000, o Talavera Fútbol Sala independizouse. O equipo partiu dende Primeira Nacional "B" xestionado por un grupo de empresarios de Talavera, na tempada 2001-02 ascendeu a Primeira "A", e dous anos despois certificou o seu ascenso á División de Prata, cun proxecto que buscaba devolver á cidade á máxima categoría do fútbol sala. Logo de sete tempadas, na tempada 2009-10, o equipo finalizou na primeira posición do Grupo I e conseguiu ascender a División de Honra tras vencer ao Fisiomedia Manacor.[2]

Na súa primeira tempada na División de Honra o máximo accionista do club, Benjamín Ramos, prescindiu do modelo empresarial empregado ata aquela, logo de que marcharan os catro membros da Xunta Xestora do club por desavinzas coa xestión.[3] A Organización Impulsora del Discapacitado (OID) converteuse no patrocinador no ano 2010.[4]

  1. "Arquivo do Talavera FS". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2008. Consultado o 02 de marzo de 2008. 
  2. O Talavera Fútbol Sala ascende a División de Honra ABC, 16 de maio de 2010
  3. Adeus á xestión 'modelo' Deportes Talavera, xuño do 2010
  4. A OID, novo e sorprendente patrocinador do Talavera

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar