Takuro

músico xaponés

Takuro (久保琢郎, Takuro Kubo, nado en Hakodate (Hokkaido) o 26 de maio de 1971, é un dos guitarristas e líder da popular banda de rock xaponés Glay. É o principal compositor e letrista nas cancións de GLAY. Como compositor e músico, Takuro traballou con diferentes artistas. Tamén publicou traballos en solitario.

Modelo:BiografíaTakuro

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) TAKURO Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de maio de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Hakodate, Xapón Editar o valor en Wikidata
EducaciónHokkaido Hakodate Ryouhoku Senior High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista, teclista, pianista, letrista, compositor de cancións, compositor, músico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, Música do Xapón, J-Pop e música pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra, teclado e piano Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEMI Music Japan Inc. (pt) Traducir
Capitol Records Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeSeri Iwahori Editar o valor en Wikidata

Musicbrainz: 2840750b-9c9a-4a1c-b0ae-ac1771c077ff Discogs: 595502 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Takuro e a súa irmá maior foron criados por unha nai solteira, pois ela nunca volveu casar logo da morte do seu pai, cando Takuro tiña tres anos. El considera á súa nai unha influencia temperá na súa carreira musical, xa que estaba fortemente impresionado polo seu canto.

"Cando era neno, a súa nai adoitaba cantarlle mentres choraba. Non sabía que estaba equivocado, pero creu que ela sentía o que cantaba, e por iso escoitábaa. O ton da voz faise máis forte cando un canta. Quedou impresionado por como a súa nai cantaba. Sentiu o poder da voz. Empezou en voz baixa, pero se fixo máis forte e sentiu que o poder da voz e a música anima á xente. El creu nese poder desde entón." — GLAY Kiseki to Eikou no Mukouni.

Máis tarde, durante a súa adolescencia, el estaría influenciado por John Lennon, e desenvolvería un grande interese en escribir cancións. As súas letras baséanse a miúdo nos seus sentimentos acerca de diferentes situacións na súa vida, así como eventos no mundo. Takuro a miúdo expresa a súa opinión sobre diferentes temas, e foi invitado a escribir sobre diferentes temas polos xornais. En 2007 escribiu unha serie de artigos sobre a súa terra natal, Hakodate no diario Asahi. En 2006, foi citado nun artigo sobre os novos conceptos dos modelos de familia xaponesa na páxina web de Mainichi. Habendo crecido nunha familia de nai solteira, expresou a súa experiencia persoal.

En 2001, xunto con Ryuichi Sakamoto, Takuro iniciou "Artists Power", unha organización que reúne a músicos interesados en ser activos na procura de enerxías alternativas. O concerto da EXPO 2001 en Ishikari, Hokkaido, pártese da enerxía xerada por combustibles alternativos. Takuro en 2003 publicou "Kyoukai", un libro auto-biográfico, na que escribe sobre a súa vida persoal e a súa obra musical. Os temas son da súa infancia en Hakodate e a súa carreira, entre os temas hai unha misteriosa muller que amou durante dez anos e que o rexeitou cando lle propuxo matrimonio e para a que escribiu moitas das súas cancións de amor. En 2005, Takuro puxo fin ao seu programa de radio en Tokyo FM, "Glay Radio Comunication DX", que comezara en 2003. Anteriormente, foi anfitrión doutro programa, "Takuro Radio Factory".

Takuro casou coa modelo xaponesa Seri Iwahori en maio de 2004. Coñecéronse durante a rodaxe da película Casshern, na que fixo un cameo curto con Hisashi en 2003. Teñen un fillo, nacido en outubro de 2005 e unha filla, nacida en outubro de 2007. Son donos dunha casa nos Ánxeles (California) e outra en Toquio.

Álbums en solitario

editar

Instrumental Collection (1998)

  • "HOWEVER"
  • "SOUL LOVE"
  • "Yes, Summerdays"
  • "Ikiteku Tsuyosa"
  • "Miyako Wasure"
  • "a Boy~Zutto Wasurenai~"
  • "Kuchibiru"
  • "Manatsuno Tobira"
  • "Zutto Futari de..."
  • "Glorious"
  • "Yuuwaku"
  • "BELOVED"

FLOW of SOUL vol 1. Takuro meets Vanessa Mae (2002)

  • "Way of Difference"
  • "Francis Elena featuring Vanessa Mae "
  • "Zutto Futtari de・・"
  • "Glorious"
  • "a Boy ~zutto wasurenai~"
  • "Kanojo no "Modern・・・""
  • "HOWEVER"
  • "I'm in Love"
  • "Yuuwaku"
  • "Biribiri crashman"
  • "Sen no naifu ga mune wo sasu"
  • "Pure Soul"

Composicións para outros artistas

editar
  • "Summer Shakes" e "I believe you" (Miju, 1997)
  • "Mitsumeteitai" e "Moon~ watashi he" (ROMI, 1998)
  • "Couples" e "Love is always trouble" (Miju, 1998)
  • "LOVE CLOVER" e "Empty Pocket"(Miho Nakayama, 1998)
  • "kokoro ni amega" (Hideki Ohtoku, 1999)
  • "Fairyland(Yuki Koyanagi, 1999)
  • "リズムとルール" (Ryoko Shinohara, 2000)
  • "Dorama" e "Time Limit" (Hikaru Utada, 2001)
  • "Sweet Season" (SONO, 2002)
  • "Engaged" (Tak Matsumoto, 2002)
  • "灼熱 (melodia)" (Stealth, 2002)
  • "LOVEBITE" (Namie Amuro, 2003)
  • "Fuyu no etorage" (MISIA, 2004)
  • "Ruten" (Joshijunigakubo, Twelve Girls Band, 2005)
  • "Kiss from a rose (melodia)" (Misato Watanabe, 2005)
  • "Hitoiro" e "Eyes for the Moon" (Mika Nakashima, 2006)
  • "Say Something (letra)" (Kyosuke Himuro, 2006)
  • "Go Ahead" (Mitsuhiro Oikawa, 2008)

Participacións especiais

editar

Together

  • Single: Bridge over troubled water
  • Artista: Junko
  • Data: 31/07/1999

Ango

  • Álbum: Poetic Evolution
  • Artista: Yukinojo Mori
  • Data: 17/12/1999

Zero Landmine

ai nante

  • Álbum: Kuzu Album
  • Artista: Kuzu
  • Data: 26/03/2003

Say Something

  • Álbum: In the Mood
  • Artista: Kyosuke Himuro
  • Data: 20/12/2006

Libros

editar
  • Along the Line: libro de fotos tiradas en África.
  • Kyoukai: auto-biografia.
  • Hokkaido e: serie de artigos escritos por Takuro para o xornal Asahi (2008).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar