Tabelión
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O tabelión era unha figura da administración da Roma imperial antecedente dos notarios actuais.
Características
editarO Tabelion redactaba actas xurídicas e convenios entre partes, era o individuo técnico en aspectos de dereito e todo o referente co estado civil das persoas, que redactaba documentos relacionados coa actividade privada e que nalgúns casos ofrecía o seu asesoramento xurídico redactando escritos e documentos.
Coa caída do imperio romano a maioría das figuras referidas van esmorecendo e só resta o tabelion que converxe cos tabularii, aínda que con pouca presenza, até o renacemento da figura no século XII co avance da economía e o dereito. Esta confluencia atribúese a unha confusión intencionada do insigne xurista Accursio nas súas glosas e axiña outros xuristas comezaron a utilizar ambas as formas como sinónimas.
O uso da palabra notario aplicábase nesa época fundamentalmente aos notarios da igrexa que evidentemente eran moito máis comúns que os outros, polo que o nome pasou xa no século XIII a designar aos escribáns. O termo utilizase aínda hoxe no Brasil como sinónimo de notario.
Coexistía con outras de funcións similares, como o scriba (depositario ou custodio de documentos, o pretor utilizaba os seus servizos para a redacción dos decretos e as resolucións. Tiñan un soldo e eran hospedados polo estado; debían ser libres, non escravos e gozaban dun lugar preferente nos espectáculos públicos), o Notarii ("daba fe", era un especialista en pór por escrito con celeridade valéndose de signos e abreviaturas; redactaban conversacións, actos e o que declaraba outra persoa. Durante a República apareceron métodos de taquigrafía chamados notae e aos que os utilizaban chamábaselles notarii) ou o Tabularii (oficial encargado de facer a lista de impostos. Entre os romanos tiña carácter de funcionario publico, recibía as declaracións de nacemento e todo o referente co estado civil das persoas.