TD-1A

(Redirección desde «TD 1A»)

TD-1A foi un observatorio espacial da antiga axencia espacial europea ESRO lanzado a bordo dun foguete Delta N desde a base Vandenberg da Forza Aérea o 12 de marzo de 1972.[2][3][4][5]

TD-1A
TD-1A
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónESRO
Data de lanzamento12 de marzo de 1972, 1:55 GMT[1][2][3]
Foguete portadorDelta N[3][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[3][5]
Obxectivo da misiónObservatorio espacial para altas enerxías.[3][5]
Decaemento9 de xaneiro de 1980[1]
NSSDC ID1972-014A
Masa472 kg[3]

Características

editar

TD-1A (Thor Delta 1A) foi un observatorio espacial europeo con sete experimentos a bordo. A súa misión foi observar o ceo no rango do ultravioleta, os raios X e os raios gamma e detectando raios cósmicos. Cinco dos experimentos estaban adicados a observar o ceo en xeral, mentres que dous adicáronse a observar o Sol en raios X e raios gamma.[2][3][4][5]

O satélite, de 472 kg de masa, estabilizábase nos tres eixos e alimentábase mediante paneis solares. Tiña forma de caixa de 1 x 0,9 x 2,2 m, coa parte interior adicada aos subsistemas de comunicacións, enerxía e propulsión e a superior albergando os experimentos científicos. O observatorio estivo funcionando ata maio de 1974, en que se terminou o gas que controlaba a actitude do satélite. TD-1A reentrou na atmosfera terrestre o 9 de xaneiro de 1980.[3][4][5]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "TD 1A" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Note verbale dated 28 January 2004 from the Permanent Mission of France to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (04-51402 (E)). 2 de marzo de 2004: 4. Consultado o 29 de xaneiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (7 de xaneiro de 2022). "TD 1A" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "TD 1A" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2022). "TD-1A" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar