Tērvete
Coordenadas: 56°29′N 023°25′L / 56.483, -23.417
Tērvete é unha vila letoa que exerce como centro administrativo do Concello de Tērvete. Coñecida polas fortificacións construídas para o rei de Zemgale na Idade Media. O turismo na vila esténdese ao palacio de Rundale deseñado por Bartolomeo Rastrelli, o pazo Elgavsky —tamén traballo de Rastrelli e o Parque Nacional de Tērvete— tamén coñecido como “Mammadaba”. [2]
Tērvete | |
---|---|
Tērvete | |
![]() | |
Vista da cidade | |
Localización | |
País | ![]() |
Demografía | |
Poboación | 342 hab. (2018) [1] |
Outros datos | |
Páxina de turismo de Tērvete |
Parque Nacional de TērveteEditar
O parque nacional é unha atracción turística en toda Letonia. Situado no val do río Tervete está poboado por piñeiros de 300 anos de idade. O parque cobre un territorio de 1 200 hectáreas, un terzo do cal está ocupado polas esculturas da mitoloxía letoa, fadas, o rei do bosque, ananos ou demos. Os máis de 100 personaxes do parque están baseados na obra da escritora nacional ,nada en 1861, Anna Brigadere. As obras escultóricas foron levadas a cabo por autores da escola vocacional de Riga.
O Parque Nacional de Tērvete abriu ao público en 1969. Nese mesmo ano, as primeiras esculturas de madeira ″Annele e os seus amigos, recollendo bagas″ foron rematadas polo autor Krišjanis. [3]
GaleríaEditar
NotasEditar
- ↑ Tērvete (en letón).
- ↑ Parque Nacional de Tērvete Arquivado 14 de abril de 2018 en Wayback Machine.(en inglés)
- ↑ Parque Nacional de Tērvete Arquivado 14 de abril de 2018 en Wayback Machine.(en inglés)
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Sitio web de mammadabaArquivado 03 de abril de 2018 en Wayback Machine.