Symbian é un sistema operativo creado para funcionar nos teléfonos móbiles "multimedia" con soporte para cámaras fotográficas MMS, wireless ou rede sen fíos, e bluetooth entre outras funcións.

Symbian
SO Symbian

Este sistema operativo está predominantemente baseado nun ambiente gráfico sinxelo. Actualmente emprégase na maioría dos recentes modelos de teléfonos móbiles dos grandes fabricantes.

Historia editar

Symbian é un consorcio de varias empresas, fundado en 1998 e en plena actividade ata o día de hoxe. Actualmente fan parte do consorcio as empresas Nokia, Siemens AG, Samsung, Ericsson, SonyEricsson e Panasonic. As empresas non pertencentes ao consorcio poden licenciar o sistema operativo para empregalo nos seus produtos, xa que ao ser un sistema totalmente modular, permite que cada empresa cree a súa propia interface.

Vantaxes editar

  • É un sistema operativo aberto e de baixo custo (En torno os 3 € por aparello)
  • Posúe recursos para xestionar e utilizar pouca batería e memoria
  • Permite a instalación de software de terceiros
  • Baséase en patróns de comunicación e datos.
  • Dispón de mecanismos que aseguran a transferencia e o almacenamento dos datos
  • Aproveita ben as áreas do aparello (Memoria RAM, microprocesador, procesador gráfico etc.)

Plataforma para desenvolvemento editar

Symbian permite o desenvolvemento de aplicacións en diversas linguaxes de programación:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar