Sybilla Masters, finada en 1720, foi a primeira muller que coñecemos como inventora (adiantándose oitenta anos á segunda inventora norteamericana)[Cómpre referencia], así como a primeira persoa das colonias inglesas en norteamérica en patentar.[1] O seu nacemento, data e lugar, son descoñecidos.

Modelo:BiografíaSybilla Masters
Biografía
Nacemento1675 Editar o valor en Wikidata
Bermudas, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte1720 Editar o valor en Wikidata (44/45 anos)
Actividade
Ocupacióninventora Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBygone Badass Broads: 52 Forgotten Women Who Changed the World (en) Traducir, (p.52-53) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Righton-17

Traxectoria

editar

Nas colonias norteamericanas comíase fariña de millo, que as mulleres moían entre dúas pedras grandes, levando unha gran cantidade de traballo. Sybilla observou ás mulleres nativas, que machacaban o millo con paus cun bo rendemento, a raíz do que inventou un muíño que usaba martelos e do que se obtiña fariña limpa, o que permitiu ver o resultado dende unha nova perspectiva, ó que chamou “Arroz Tuscarora”. Partiu da colonia a Inglaterra en 1712 para patentar o invento, pero tivo que esperar ó 1715 para que o rei lle concedera a patente para ó nome do seu marido Thomas Masters,[2] que, legalmente pasou a ser o inventor, pero sempre mantivo a autoría da súa muller. Sybilla volveu a América no 1716, despois dunha segunda patente: era hábil coas súas mans; traballaba con follas de palma e palla, e discorreu un xeito de entretecelas, o que usou para facer sombreiros, poñendo unha tenda en Londres para a venda de sombreiros e bonetes feitos dese xeito mentres esperaba a concesión de patentes (que daquela non seguía unhas normas burocráticas como na actualidade). Á volta a América, Thomas Masters construíu un muíño coa súa idea para exportar a Inglaterra a nova fariña, pero así como o muíño traballou ben, o novo sabor non tivo mercado.

  1. Samuel, Charlie (2003). Inventors and inventions in colonial America. New York: PowerKids Press. ISBN 978-0-8239-6601-1. OCLC 49531500. 
  2. Ogilvie, Marilyn; Harvey, Joy (2003-12-16). The Biographical Dictionary of Women in Science. Routledge. ISBN 978-1-135-96343-9. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.
  • Palacios, Mercedes (2020). Visionarias. Inventoras desconocidas. Ed. Bridge. ISBN: 9788416670888.

Outros artigos

editar