Sven Lindberg

actor sueco

Sven Lindberg, nado Sven Karlsson Lindberg o 20 de novembro de 1918 en Estocolmo e morto o 25 de decembro de 2006, foi un actor sueco. Estaba casado coa xornalista Marianne von Baumgarten-Lindberg.

Infotaula de personaSven Lindberg

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de novembro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Estocolmo, Suecia Editar o valor em Wikidata
Morte25 de decembro de 2006 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Lugar de sepulturaCemitério do Norte (pt) Traducir, Kvarter: 16A4 Gravplats: 01314 (2007–) 59°21′34″N 18°01′22″L / 59.3594, 18.0228 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Estocolmo
Lundsberg boarding school (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1943 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua sueca Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeUlla Waller (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0511409 Allocine: 9827 Allmovie: p42475
Spotify: 2fwIWp6DqdMkar9U21W8qw Musicbrainz: e88148c2-28f1-4270-8a27-2923fc2a77d5 Discogs: 1560071 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Lindberg estudou historia da literatura na súa xuventude e actuou no teatro estudantil da Universidade de Estocolmo, en 1939 entrou na Dramatens elevskola, actuou por primeira vez no Teatro Real en 1940, globalmente participou en 73 obras de teatro, entre os seus moitos papeis están o de George en Vem är rädd för Virginia Woolf? ou o de Argan en Den inbillade sjuke.

A súa estrea no cinema foi en 1943 na película Elvira Madigan, normalmente interpretaba papeis de homes novos ben parecidos ata Damen i svart de Arne Mattsson en 1958. Outros filmes nos que Lindberg tivo papes preminentes foron Jungfrun på Jungfrusund, Kvartetten som sprängdes, När kärleken kom till byn e Picassos äventyr. Polo seu papel como Ragnar en Glädjekällan de Richard Hoberts en 1993 recibiu un premio Guldbaggen.

Sven Lindberg foi un actor popular, ademais foi cantante. Ademais do teatro, el tamén era un cantante, entre 1949 e 1955 publicou 30 discos, os máis populares foron Flickan i regnet, God natt Irene e Tennessee waltz.

Tamén foi un gran humorista e participou en numerosas comedias teatrais nos teatros privados, incluíndo Tehuset Augustimånen que se representou 500 veces no Teatro Intiman. Outros papeis cómicos representounos no Teatro Vasan, onde actuou en Charleys Tant en 1977 que se representou 247 veces.

Tamén actuou na televisión, foi a voz de Bertil Enstöring na serie Skrotnisse och hans vänner e actuou nas series Niklasons, Häpnadsväktarna e Rosenbaddarna.