Sven Hannawald, nado o 9 de novembro de 1974, é un antigo saltador de esquí alemán.

Modelo:BiografíaSven Hannawald

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de novembro de 1974 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Erlabrunn, Alemaña (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura184 cm Editar o valor en Wikidata
Peso64 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsaltador de esquí, piloto de automobilismo, futbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaAlemaña Editar o valor en Wikidata
DeporteSalto de esquí
fútbol Editar o valor en Wikidata
Participou en
2002ski jumping at the 2002 Winter Olympics – normal hill individual (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
2002ski jumping at the 2002 Winter Olympics – large hill team (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1998ski jumping at the 1998 Winter Olympics – large hill team (en) Traducir  (medalla de prata olímpica) Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio websven-hannawald.de Editar o valor en Wikidata
Discogs: 3824927 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Hannawald naceu en Erlabrunn, aínda que a súa infancia pasouna na localidade próxima de Johanngeorgenstadt. Desde os doce anos estudou nunha escola especial para deportistas novos en Klingenthal. En 1991 a súa familia trasladouse a Jettingen-Scheppach preto de Ulm e el pasou a estudar en Furtwangen im Schwarzwald.

Carreira deportiva

editar
 
Sven Hannawald (2004)

En 1998 Hannawald gañou unha medalla de prata nos Campionatos do Mundo de Oberstdorf e nas Olimpiadas de Nagano conseguiu outra medalla de prata en trampolín grande por equipos.

Na tempada 1998/1999 rematou quinto na clasificación final da Copa do Mundo. Nos Campionatos de Esquí Nórdico de 1999 en Ramsau gañou unha medalla de prata en trampolín grande individual por detrás de Martin Schmitt, ademais de gañar un ouro en trampolín grande por equipos.a

No ano 2000 gañou o Festival de Esquí de Holmenkollen. Na tempada 2000/2001 Hannawald acadou un ouro no trampolín grande por equipos e un bronce no salto normal por equpos nos Campionatos de Esquí Nórdico de 2001 en Lahti.

A tempada 2001/2002 foi a mellor da súa carreira, gañou os catro títulos individuais do Torneo dos Catro Trampolíns, foi o primeiro en o facer. Revalidou o seu título de Campión do Mundo de salto de esquí. Nos Xogos Olímpicos de Salt Lake City gañou un ouro en trampolín grande por equipos e prata en salto normal individual.

Nas tempadas 2002/2003 e 2003/2004 os resultados estiveron por baixo das expectativas persoais de Hannawald, como consecuencia retirouse prematurametne da competición e en abril de 2004 revelou que sufría a síndrome de Burnout e precisaba recibir tratamento psiquiátrico. Retirouse definitivamente da competición profesional o 3 de agosto de 2005 despois de superar a súa enfermidade.