Suspensorio
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Un suspensorio (ou suspensor) é un tipo de calzón deseñado para protexer os xenitais masculinos durante unha actividade vigorosa ou deportiva.

Características
editarUn suspensorio típico consiste nunha banda elastizada na cintura cunha bolsa de soporte onde poñer os xenitais e dúas tiras, que van desde a base da bolsa unha cara ao lado esquerdo e a outra ao dereito. Nalgunhas variantes do suspensor, a bolsa pode ter un lugar onde poñer unha coquilla para protexer os testículos e/ou o pene.
O seu nome en inglés é jockstrap (en referencia á súa orixe deportiva e ás tiras laterais que o caracterizan). A orixe desta peza atópase na indumentaria deportiva, a súa misión principal é manter suxeitos os xenitais para favorecer a comodidade no movemento nalgúns deportes.
Tipos de suspensor
editarDe bancha ancha con coquilla
editarEspecialmente usados por xogadores de baseball e rugby, ademais na maioría dos deportes que implican un golpe nos testículos.
De bancha ancha sen coquilla
editarÉ o máis comunmente usado en ximnasio e diariamente. Principalmente por loitadores, xogadores de fútbol americano, ciclistas e nas artes marciais.
Uso do suspensor
editarO seu uso é recomendado para calquera actividade física vigorosa nas cales corra risco o aparto xenital masculino, como unha escordadura ou un golpe. Benefícianse con el os deportistas (baseball, fútbol americano, artes marciais, ciclismo e rugby) ou quen fagan actividades que demanden esforzo como obreiros da construción, policías ou leñadores.
Tamén ten un uso medicinal, naqueles homes con hidrocele, varicocele, hematocele, ou espermatocele.
Debido á súa comodidade e lixeireza é que tamén algúns homes úsano por confort.
Como o escroto está separado da coxa, usar un suspensorio prevén o rozamento do escroto e reduce o impacto testicular. Os suspensores conservan menos humidade que as roupas de algodón e polo tanto son máis frescos e menos propensos a cultivar fungos nas rexións húmidas e quentes do órgano reprodutor masculino.
Na actualidade, o suspensorio é unha peza con menor demanda que outras como o tanga, pero que comeza a gañar mercado dentro das pezas de lencería masculina de uso común.
Como usalo
editarPonse como un slip e levántallo ata facer que a banda elástica chegue á altura da cintura e a bolsa levante os xenitais tanto como sexa confortable.
A algúns homes gústalles poñer o seu pene fláccido apuntando directamente cara a arriba, outros cara á esquerda ou dereita, e algúns directamente cara a abaixo, sobre o escroto. Esta última pode ser confortable se se usa coquilla.