Susana Teresa Quintás Veloso, nada en 1968, é unha economista e empresaria galega, na actualidade directora xeral de Banco Pastor.

Susana Quintás
Nacemento1968
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Quintás licenciouse en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e converteuse en auditora do Rexistro Oficial de Auditores de Contas. Posteriormente ingresou na consultoría Deloitte e en 1996 pasa a ormar parte do Banco Pastor.

De 1998 a 2002 fíxose cargo da xestión do Instituto de Estudos Económicos de Galicia da Fundación Barrié. Logo entrou a formar parte da dirección do banco como encargada de planificación, control de xestión e relacións con investidores e analistas. En decembro de 2007 era nomeada subdirectora xeral da entidade, e a finais de setembro de 2011 accedía á dirección xeral do banco[1], días antes de que se anunciase a OPA do Banco Popular sobre ata daquela entidade galega.

Vida persoalEditar

É filla de Juan Ramón Quintás, empresario e banqueiro galego.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar