Suratá
Suratá é un concello colombiano, situado no departamento de Santander. Atópase a 1.740 metros sobre o nivel do mar e a súa temperatura media anual é de 19 °C. Ten unha superficie de 348 km²[1] e unha poboación de 3 295 habitantes (2015).[2]
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamento | Santander ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 261 km² ![]() | |||
Altitude | 1.934 m ![]() | |||
Sitio web | surata-santander.gov.co… ![]() |
A distancia a Bucaramanga, a capital do departamento, é de 45 km. Está dividida en catro correxementos: El Filo, Turbay, Cachirí, e El Mohan. No seu territorio tivo lugar a batalla de Cachirí.
Correxemento de Turbay
editarSituado na parte norte do concello Suratá, está conformado por sete vereas que son Santa Rosa, Mesalla, El Centro, San Isidro, El Mineral, Las Abejas e Cartagena. Este correxemento ten dús vías de acceso que o comunican co concello de El Playón, Rionegro, e a outra vía comunícao con Suratá, Matanza, California, Veta, Tona, Charta; polas dúas vías pódese chegar á cidade de Bucaramanga. No correxemento prodúcese: arracacha, yuca, plátano, mora, curuba, panela e café, entre outros. Tamén se celebran as feiras na honra da Virxe de Guadalupe, nos días 12, 13, 14 e 15 de decembro.
Colexio Francisco San Juan
editarSituado no correxemento de Turbay, foi fundado o 23 de novembro de 1996. O seu primeiro reitor foi Antonio Villamizar, o cal compuxo o himno do colexio. Este colexio leva o nome na honra de Francisco San Juan, o cal doou o terreo onde se construíu. No ano 2009, graduouse a primeira promoción do colexio. O seu reitor actual é Alex Eduardo Angarita Gómez.
Notas
editar- ↑ "Información general de Suratá" (en castelán). Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2015. Consultado o 8 de novembro de 2018.
- ↑ "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 8 de novembro de 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficialArquivado 24 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)